O regreso dos profesores

Na sesión interactiva do mércores 13 de novembro, levamos a cabo un “experimento”. Tal experimento, consistía na visualización dunha serie de diapositivas e a posterior interpretación de cada unha delas. Considero que foi unha actividade moi interesante, xa que nos permitiu ver como dábamos por suposto feitos que non tiñamos contrastados, posto que non coñeciamos o tema que se estaba a tratar. Asemade, creo que cada unha das intervencións foron moi boas, reflexionando sobre a formación, os profesores, os alumnos, e os cambios aos que se teñen que enfrontar. Unha vez terminado o experimento, puidemos saber de que se trataba exactamente o contido das diapositivas, así como nos foi encomendada a tarefa de afondar no tema a través da lectura do libro O regresso dos professores de Antonio Nóvoa (2011).

Para entender un pouco mellor o contido deste documento, é preciso analizalo a través das diapositivas empregadas na aula, posto que son un resumo moi ilustrativo do que se atopa detrás deste libro.

 

Para comezar, vou a aprtir da análsie das diapositivas. Neste senso, na primeira imaxe, o autor mostranos a un neno nunha aula, debaixo desta imaxe introdúcenos en dous séculos o XX e o XXI os cales se van a analizar nas seguintes diapositivas.

En primeiro lugar recolle un esquema daqueles aspectos máis característicos do S.XX: Pouca sociedade, pouca atención á infancia, pouca actividade e pouca atención a diferenza

Será na seguinte diapositiva cando introduza aqueles puntos que serán o nexo de unión entre o s.XX e o s. XXI, a partir das ideas que defende a escola nova. Neste senso, recolle os seguintes supostos da educación do s.XX os cales irán evolucionando a partir das achegas da Escola Nova.

  1. Educación integral: entendida como a escola. Para máis tarde reflexionar e entender a educación integral tendo en conta o espazo público de educación
  2. O neno no centro: Mantén as ideas de Rousseau e Alain para determinar a situación vivida no s.XX en canto á forma de entender a educación do neno na escola. Para a continuación estender estas ideas coa posta en valor da cultura e dos aprendizaxes.
  3. Métodos activos: Ao igual que no caso anterior recorre a un autor, Adolphe Ferriére para entender a situación que se está a vivir e derivala na necesidade de levar a cabo perspectivas reflexivas.
  4. En canto á pedagoxía diferenciada: recorre á necesidade dunha escola que atenda a diversidade presente na mesma. Así como analiza a influencia do diálogo nas concepcións. Neste senso, determina que a pedagoxía diferencial debe dar un paso cara a comprensión da diversidade e a construción do diálogo.

 

Deste xeito introduce os aspectos característicos do s.XX expostos ao comezo para ilos transformando na situación que se vive no s. XXI:

 

s.XX

s.XXI

Pouca sociedade

Máis sociedade

Pouca atención á infancia

Moita máis atención á infancia

Pouca actividade

Moita máis actividade

Pouca atención á diferenza

Máis atención á diferenza

 

Así mesmo, volve a recordar os cambios que se producen en canto á educación.

  1. Dunha educación integral centrada na escola á entender a importancia do espazo público da educación.
  2. Da concepción do neno no centro á posta en valor da cultura e dos aprendizaxes.
  3. Dos caducos métodos activos á importancia das perspectivas reflexivas.
  4. Dunha pedagoxía diferenciada á comprensión da diversidade e construción do diálogo.

 

Neste punto o autor é cando incide na idea de onde están os profesores. Para isto indica en que se centrou a investigación na educación, ou en que puntos se incidiu na educación que deixaron nun segundo plano a importancia dos docentes.

  • Anos 70: racionalización da ensinanza e pedagoxía por obxectivos
  • Anos 80: reformas do currículo
  • Anos 90:  xestión e administración dos centros escolares

Hoxe en día prodúcese un regreso do profesorado para dar resposta ás necesidades que formula a sociedade actual. Facendo fincapé nesta idea o autor reflexiona sobre a función dos docentes en canto ás novas concepcións.

  1. Espazo público da educación: acción pública e mediación dos docentes.
  2. Posta en valor da cultura e dos aprendizaxes: organización do traballo escolar
  3. Perspectivas reflexivas: construír a experiencia e a profesión (formación da identidade docente)
  4. Comprensión da diversidade e construción do diálogo: Compromiso ético e social

 

Todos estes cambios implican unha nova profesionalidade docente, a cal se pode resumir na seguinte idea, “a investigación é moi importante. O currículo e os programas de ensino son moi importantes. A xestión e administración das escoalas é moi importante. Os materiais didácticos e as tecnoloxías son moi importantes. Mais nada substitúe a un bo profesor.” (Nóvoa, 2011)

 

Tendo en conta isto é centrándome no seu libro, Nóvoa recolle que os motivos polo que o profesorado non foi o centro da atención é porque se deu máis importancia a outros aspectos producíndose  unha desvalorización da profesión docente. Con todo, nos últimos anos debido a diversidade cultural, así como a introdución das novas tecnoloxías na aula, o docente pasou a ocupar un papel máis importante como eixe fundamental para a inclusión nas aulas.

Neste senso, o autor incide así mesmo en que nos últimos anos se deu un maior valor á formación ao longo da vida, mais con todo as políticas educativas non dan resposta ás necesidades dos docentes é por iso en que insiste na necesidade de actuar en canto a tres feitos, que fagan repensar as medidas educativas que se levan a cabo. En primeiro lugar, pasar a formación de profesores para dentro da profesión. Esta idea fai referencia á importancia de non centrar unicamente, a formación dos docentes á teoría, senón incluír a práctica, a través do acompañamento de profesores titores, os cales deberían levar a cabo a súa tarefa docente con alumnos, mentres os futuros docentes deberían reflexionar sobre o proceder do docente, para incidir nas melloras que se poderían levar a cabo ou para reflexionar acerca dos modelos empregados. Para isto o Nóvoa cita a Lee Shulman, e a súa idea de traspasar esta metodoloxía levada a cabo en medicina para a formación docente. En segundo lugar, incide na necesidade de promover novos modelos de organización da profesión, centrando a súa tese na importancia de levar a cabo o traballo de forma colexiada. Posto que, a reflexión colectiva dá sentido á construción da identidade profesional, sendo unha peza clave nesta. En terceiro lugar, incide na necesidade de reforzar a dimensión persoal e a presenza pública dos profesores. Neste punto, faise referencia á importancia de levar a cabo unha definición da profesión, que cambie a percepción que ten a sociedade da mesma, así como fomentar o aprendizaxe ao longo da vida.

Desta forma, por tanto, podo destacar a importancia da presente actividade como unha maneira de coñecer as nosas percepcións acerca da docencia, así como poder afondar nos cambios que se xeran entorno aso docente nos dous últimos séculos.

 

Bibliografía e webgrafía

Nóvoa, A. (2011). O regresso dos professores. En http://stellae.usc.es/red/file/view/46251/o-regresso-dos-professores

http://www.educantabria.tv/canalcongresos/index.php?iditem=playconference&idreg=2011-04-06Hw5k81sQEj&account=Kc74Snr99R (Consultada o día 2/12/13)