Los Pedagogos del fondo

Los Pedagogos del fondo

Mira hacia atrás y nos verás aprendiendo

ANÁLISE PLAN ANUAL DE FORMACIÓN (GALICIA)

 

Na última sesión expositiva analizamos o Plan Anual de Formación galego, un plan do que se pode extraer información válida para a materia de Formación do profesorado. O seu emisor foi a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/2014. Na clase, foi analizado mediante a “técnica puzzle”, no que nos dividimos por grupos e cada un deles profundizou sobre un epígrafe para posteriormente expoñelo na clase. Os apartados dos que consta son:

  1. Normas Xerais
  2. Convocatorias
  3. Programas Europeos
  4. Formación en centros
  5. Actividades a desenvolver polo CAFI
  6. Actividades a desenvolver polo CFR
  7. Cursos de actualización lingüística e comunicativa
  8. Inscrición nas actividades
  9. Enderezos de interese

Antes de comezar a analizar cada unha das seccións, gustaríanos comentar que ten diversas carencias. Non consta de introdución, algo que consideramos de gran importancia, xa que por medio de esta poderiamos facernos unha idea do que nos imos encontrar nas seguintes páxinas. Ademais, non entendemos porque este plan non ten introdución pero o de formación profesional sí. Tamén botamos en falta unha explicación acerca do análise diagnóstico e investigacións que se empregaron para obter a información. Por outra parte, consideramos que unha xustificación e uns obxectivos tamén deberían de estar explícitos neste tipo de documentos. Ten que expoñer os motivos polos cales decidiuse levar a cabo este análise así como cáles son as metas do mesmo. Continuando nesta línea de crítica, non temos de todo claro quen foi o autor, xa que o único que sabemos é que foi a Xunta o que o publica pero non coñecemos quenes foron os que o redactaron.

Pasando agora o estudio deste plan, imos comezar polas normas xerais. Consta de diversos subapartados, entre os que se encontran os criterios de admisión. Aquí especifícanse cáles son os requisitos que se deben poseer para poder disfrutar de esta oferta: non haber participado en anos anteriores; ser funcionario de carreira, en prácticas, interino ou contratado;  antigüedade no corpo; estar impartindo docencia na etapa, materia ou ciclo ó que vai destinada a actividade de formación… En consecuencia con isto, na aula comentamos que ten un carácter demasiado xeralista e que debería de ser moito máis específico. Tamén está ausente a relación da LOE e cómo afecta esta á formación permanente. A continuación, outro dos puntos que se explican son os criterios para a avaliación das actividades. A súa finalidade é a mellora das accións formativas. Terase en conta: o deseño e organización da actividade, os participantes, contidos, metodoloxía e recursos e a consecución dos obxectivos. Estos resultados terán importancia á hora da emisión de certificados, concesión de axudas para futuros proxectos etc. Nesta sección démonos de conta de que volve ser de novo pouco específica, creemos que os criterios de avaliación deben  ser máis claros e directos. E por último fálase da certificación que recibirá o profesorado asistente.

O segundo dos apartados titulado convocatorias, poderíamolo dividilo en dous. Nunha primeira parte o epígrafe trata sobre as licenzas por formación e os reintegros individuais adicados as TICs e o plurilingüísmo, mentres que a outra sección céntrase máis no tema da mellora das bibliotecas escolares, co fin de desenvolver diferentes actividades neste ámbito. A modo de crítica, referíndonos a esta sección podemos falar de que existe unha limitación na temática, xa que tan só trata asuntos referidos as TICs e a inmersión lingüística.

O terceiro sector é o que abarca todo o tema relacionado cos programas europeos. Comeza falando do marco lexislativo vixente. O eixo central está adicado os diferentes programas de formación permanente (PAP) que permiten complementar o noso aprendizaxe. Entre estos están:

-          COMENIUS: este programa está orientado á mobilidade entre redes multilaterais, é dicir, unir centros de calquera lugar. Poden participar mestres e establece consorcio entre universidades. A súa finalidade principal é comparar dous países.

-          LEONARDO DA VINCI: refírese as necesidades de FP así como tamén as institucións. Os seus destinatarios son estudantes e organizacións que impartan esta formación así como ONG que poidan ofrecer algún tipo de cursos. Adícanse o intercambio de profesionais e proxecto de innovación.

-          GRUNDVITG: intercambios de persoal educativo para persoas adultas e proxectos multilaterais.

-          ERASMUS: está centrado na educación superior de organismos públicos e privados. O obxectivo deste plan está enmarcado na mobilidade de estudantes en prácticas, así como cursos intensivos en idiomas, co fin de construír un proxecto de innovación e formación.

Tratouse tamén visitas de estudo ou becas Consello de Europa. Nós coma grupo e tras habelo comentado na clase, creemos que se deben especificar moito máis os programas e que a experiencia levada cabo poderíase usar como información para compartir e intercambiar con outras persoas. 

A continuación abarcaremos o apartado chamado formación en centros. Destácase en gran medida o proxecto ABALAR, que procura proporcionar ás escolas galegas material tecnolóxico. Busca unha mellora e innovación da práctica docente nas aulas. Para poder disfrutar de dita formación é obrigatorio cos centros se acollan a este proxecto.  A selección realizarase por medio do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e os proxectos irán en función da temática proposta. Esta formación estará en consonancia ca metodoloxía, a viabilidade do plan e os recursos  materiais e humanos. O coordinador coincidirá co do abalar do centro. Tamén se fala do CFR (Centro de Formación e Recursos) clasificado por áreas xeográficas. Destacamos as tres modalidades formativas que existen: seminarios, grupos de traballo e formación en centros (CFR y CAFI). Respecto os seminarios gustaríanos salientar que consiste nunha modalidade de traballo colaborativo que busca profundizar nun ámbito mediante a posta en común de experiencias, ideas, debate ou intercambio de opinións. Como grupo, creemos que neste apartado vólvese a dar unha sensación de carencias. A información é superficial, non coñecemos realmente cales son as actividades que se realizan,  a información é moi confusa. Tampouco se fai referencia a temática de formación que se vai desenvolver. Ademais, o requisito de pertencer o proxecto ABALAR fai que sexa moi cerrado os que poidan disfrutar das posibilidades de formación.

Despois de tratar e analizar o Plan Anual de Formación, pensamos que principalmente falta unha rigurosidade do mesmo; a falta de información específica, diagnóstico, referencias e investigacións previas fan que exista unha sensación de omisión de datos que poderían ser máis relevantes ou técnicos para os profesionais da educación. Todo isto, xenera desconcerto e dúbidas para o lector, xa que bótase de menos un análise máis profundo que mostre os pros e as contras de dito proxecto. Xa nun primeiro momento bótase en falta apartados como son a introdución, a xustificación, obxectivos, número de prazas ofertadas para os programas de formación, … Parece mentira que un documento desta importancia e emitido pola Xunta de Galicia teña tantos errores e ausencias. Carece en todo momento de especificidade e profundidade, mentras que está moi presente a superficialidade e ambigüedade. 

BIBLIOGRAFÍA:

Plan Anual de Formación do Profesorado, curso 2013-2014.