Os estudos de casos

Na última sesión da materia Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, estivemos reflexionando sobre dous estudos de casos, un de Gerardo Echeita e o outro de Víctor Rodríguez, recopilados na obra “El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa”, de ambos autores. A partires de estes dous casos, paréceme axeitado profundizar un pouco máis en que consisten os estudos de casos, as súas vantaxes, etc; pero antes de nada, farei un resumo dos casos de ambos autores para entrar un pouco en ambiente.

O estudo de casos destes dous autores está contextualizado na época de finais dos 90, e polo tanto, en pleno fragor de aplicación da reforma educativa LOGSE.

No caso de Gerardo Echeita, a chegada ó instituto que o destinan é frustrante e amarga. Chega a un instituto no que o profesorado xa tiña preconcepcións sobre a figura do orientador, e un dato importante, onde non lles parecía moi factible a implantación da LOGSE. Cabe destacar, que Echeita ía mal predisposto e cabreado, pois viña de estar nun centro mo que estaba moi a gusto; ademais, tiña unha serie de conceptualizacións teóricas que ó trasladalas á práctica non eran tan factibles de elaborar.

Ó chegar ó centro, polo tanto, encontrouse con unha oposición moi forte por parte do profesorado, e él, chegaba o centro crendo que a figura do asesor era unha figura moi importante, e deixando clara esta postura.Tivo unha actitude moi á defensiva e a collida ao centro foi moi mala, xa que non se lles presentou aos compañeiros/as e o seu despacho estaba incomunicado con respecto aos compañeiros/as.

Negouse a intervir de forma clínica, e ó non atender ás demandas concretas que lles pedía o profesorado, non contaba có apoio dos docentes do centro e dedicouse a facer documentos de centro. Non tivo o interese de gañarse a confianza dos compañeiros actuando de outra maneira, empezando por compracelos ó principio e ir cambiando de maneira progresiva as prácticas, sen atacar de golpe á institución e ás prácticas docentes.

Echeita, puido asistir á xunta de avaliación, grazas a que asumiu unha materia, e reprochaba que para acceder a reunións de ese carácter só podería ser de unha maneira: sendo profesor e impartindo unha materia. Segundo o que viu nas xuntas de avaliación, considerounas bastantes caóticas, xa que non se respectaban horarios e solo se queixaban do alumnado, sen buscar ningunha solución ou alternativa ós problemas.

A parte máis doce de Echeita neste instituto foi a maneira na que quixo gañarse ós titores, querendo reunirse con eles unha vez ao meus, e que se converteu tamén, en unha actuación agri-doce, xa que fracasou. Á xefatura de estudios pareceulle ben a proposta, pero non tanto como para habilitar uns horarios para reunións, entón, se non está dentro do horario,para o profesorado é como se non existise.

No segundo caso, de Víctor Rodríguez, tivo unha entrada ó instituto máis acolledora. Na súa institución había un bo clima entre o profesorado, e o modelo que quixo seguir, e seguiu, foi máis acertado dado no contexto no que se encontraba.

Víctor, si que asumiu funcións dende o principio, que non lle correspondían ou que non lle gustaba facer, e por iso conseguiu gañarse a confianza do profesorado. O que fixo foi deixarse levar, facendo o que lle demandaban os seus compañeiros/as, acomodándose ás necesidades e a axuda ó centro.

Cabe destacar, como elemento positivo na chegada de Víctor, que no seu instituto levaban anos implantando a LOGSE porque querían saber os resultados ós que podían chegar e as problemáticas que podían ter, foron así, un centro piloto da reforma.

Víctor tivo a intelixencia de empezar por pequenos cambios, propoñendo proxectos acorde cós intereses do profesorado, para que se interesase e colaborasen de forma activa. De esta forma mellorou a relación e galouse a confianza do profesorado, reconducindo ademais, a práctica do profesorado de forma colaborativa.

O maior medo de Víctor, é a constancia. Mentres está no instituto e de maneira activa sabe que a colaboración do profesorado estará presente, pero no momento en que non estea o idóneo sería que seguisen cós proxectos, que as innovacións sexan sostibles.

Como podemos observar despois de facer unha mirada nos relatos de ambos autores, os estudos de casos son unha ferramenta moi útil para calquera profesional que se dispón a entrar nunha nova institución, xa que che da unha visión allea e podes pensar con anterioridade e crear unha estratexia de chegada, pensar cómo vamos a empezar o noso camiño para que sexa satisfactorio.

Existen diferentes interpretacións en torno ó que debería considerarse un estudo de casos, pero a continuación recollerei algunhas, segundo Socorro Arzaluz Solano (2005):

  • Multifacética investigación a fondo dun simple fenómeno social por medio de métodos cualitativos de investigación. O estudo realízase minuciosamente e a miúdo baséase en varias fontes de análise. O fenómeno social analizado pode ser unha organización, un rol, unha cidade ou un grupo de persoas. Soe considerarse como instancia de un fenómeno, como unha parte dun amplo grupo de instancias paralelas (Feagin, Orum y Sjoberg, 1991:2)
  • Dato que describe calqueira fase ou o proceso da vida enteira dunha unidade nas súas diversas interrelacións dentro do seu escenario cultural (xa sexa que esa unidade sexa unha persoa, unha familia, un grupo social, unha institución social, unha comunidade ou unha nación). Cando a unidade de estudio é unha comunidade, as súas institucións sociais e os seus membros convírtense nas institucións do caso ou factores do mesmo, porque se está estudando a significación ou o efecto de cada un dependendo das súas relacións cós outros factores dentro da unidade total (Paulin V.Young, 1939:273).
  • Unha estratexia de investigación que comprende todos os métodos coa lóxica da incorporación no deseño de aproximacións específicas para a recolección de datos e o análise destes (Yin, 1994:13).

Segundo Socorro Arzaluz Solano (2005), o estudo de casos ten unhas vantaxes e desvantaxes. Entre as vantaxes encóntranse:

  • Permite a posibilidade de estudar eventos humanos e accións nos seus escenarios naturais.
  • Provee información de varias fontes e durante un período que permite un estudo holístico de complexas redes sociais e da complexidade da acción social e os seus significados sociais.
  • Proporciona ó investigador un panorama dos vaivéns da vida social no tempo e o despliegue dos patróns da vida cotiá tan como ista cambia.
  • Permite a xeralización teórica que envolve o xurdimento de novas interpretacións e conceptos ou a reexaminación de outros conceptos e interpretacións de formas innovadoras.

En canto ás desvantaxes podemos identificar:

  • A tendencia do investigador a xeralizar aínda cando non existen as suficientes evidencias empíricas e unha utilización ordenada do método (problema tamén inherente a outra clase de métodos).
  • Trátase de unha técnica que polas súas características resulta onerosa en canto a tempo e diñeiro, xa que cada un dos casos escollidos contitúe en sí mesmo unha investigación que require tempo e esforzo.

Como podedes observar, os estudos de casos teñen diversas vantaxes e funcións que son de gran axuda para a nosa labor profesional. É unha ferramenta moi útil para a investigación en calquera ámbito e sobre todo no educativo, podendo así coñecer diferentes realidades e experiencias metodolóxicas, que nos poden ser útiles, como dixen ó principio do documento, para levar a cabo a nosa labor como asesores ou orientadores.

A continuación déixovos un arquivo sobre os estudos de casos, elaborado por uns alumnos e alumnas de 3º de Maxisterio de Educación Especial da Universidade Autónoma de Madrid, que pode servirvos de axuda e inmersión no tema, xa que recollen os aspectos esencias sobre os estudos de casos.

Estudo de casos.

Bibliografía:

  • Arzaluz Solano, S. (2005). La utilización del estudio de caso en el análisis local. Región y sociedad, ISSN 0188-7408, Vol. 17, nº32, 2005.