¿EXISTE O TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN?

Aproveitando que o Trastorno por Déficit de Atención é un tema que parece causar moitas controversias e opinións de todas nos últimos tempos gustaríame compartir con vos a seguinte noticia.

Joseph Knobel Freud, psicanalista infantil e orientador  familiar afirma que o TDA non existe como trastorno neurolóxico senón que é un invento da sociedade, que nos leva á hipermedicalización de nenos/as que son máis movidos.

 

http://www.abc.es/familia-padres-hijos/20131126/abci-freud-psicoanalista-ninos-201311221704.html

 

Comentarios

  • Santiago Piñeiro Vázquez

    Como resposta a esta entrada, podo dicirche que durante a miña modesta etapa de formación no terreo educativo, especialmente nas prácticas, atopeime con varios casos de Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade, para os cales se adoptaron pautas de intervención bastante diferenciadas. Existen diferentes puntos de vista entre os que podemos atopar os defensores da medicación como parte do proceso de intervención, aqueles que descartan o uso desta, e finalmente os que se cuestionan e existencia en si mesma deste trastorno, como ben se reflexa nesa noticia de prensa.

    Despois dun longo proceso de consulta, meditación e análise dunha substancial bibliografía así como de estudos referentes ó tema, e  de escoitar a opinión de varios expertos, conformei o meu particular punto de vista. Invítote a consultar no meu perfíl, un par de arquivos interesantes, un deles é o meu propio punto de vista sobre o tema Reflexión sobre o TDAH e o outro é unha entrevista dun dos maiores investigadores en materia de TDAH, o doutor Russell Barckey.