Plan Anual de Formación do Profesorado (GALICIA 2013-2014)

En sesións expositivas de semanas pasadas, a docente Lourdes Montero propuxonos a actividade de análise do plan Anual de Formación do profesorador mediante a cal deberiamos indagar en cada un dos aspectos coa finalidade de coñecer as características da formación do profesorado. Para levar a cabo esta actividade foi necesario o uso da técnica de puzzle, distribuindo os diferentes apartados en grupos para posteriormente facer unha posta en común. 

Para realizar esta técnica no grupo clase, en primeiro grupo a docente fixo unha breve presentación do Plan e logo cada grupo aporaba as súas interpretacións e reflexións concretas de cada un dos apartados analizados.

Neste sentido, o apartado que nos analizamos en máis detalle foi o dos CFR das cidades da Coruña e Ferrol. A continuación expoñemos os datos atopados ao respecto.

Actividades formativas a desenvolver polos Centros de Formación e Recursos (CFR):

a) Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña:

Que é o CFR da Coruña?

O centro de Formación e Recursos da Coruña é un organo, dependente do servizo de formación do profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que ten como obxectivo a formación permanente do profesorado, o intercambio de experiencias e reflexión sobre os procesos educativos xunto coa dinamización pedagóxica dos centros como elementos vertebradores do sistema educativo.

As funcións que ten o CFR da Coruña son as seguintes:

  • Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que as satisfagan.
  • Xestionar e executar as accións formativas que integran os plans anuais de formación do seu ámbito e colaborar, se é o caso, nas accións de formación a distancia.
  • Promover accións de formación do profesorado nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, fomentando e apoiando a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.
  • Fomentar a innovación e as actividades de intercambio, debate e difusión de experienciaseducativas entre o profesorado.
  •  Promover a elaboración e difusión de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.
  • Proporcionar ao profesorado do seu ámbito territorial un servizo de documentación,elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.
  •   Calquera outra que a administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

 Contido:

 Polo que se refire ao contido, aparecen recollido unha seríe de cursos de formación que o profesorado pode realizar. É importante dicir que este centro ten un carácter colaborativo, contribuindo ao labor do docente quen debe ser capaz de desenvolver e adaptar o curriculum ao contexto- socioeducativo.

En canto as actividades que se van a realizar podemos dicir que a páxina nos aporta información das mesmas:

 1. Codigo necesario para a automatización da propia actividade.

2. Titulo.

3. A área de coñecemento ou o campo ao que pertencen.

4. O período temporal no que se realiza.

5. O lugar no que se vai a desenvolver

6. O número de prazas dispoñibles.

7. A temporalización ( horas presenciais, non presenciais e o total de horas a cumprir).

Que non hai pero que podería haber e por qué.

 Pese a que no plan nos aporta información sobre o que se vai a realizar non podemos dicir que tipo de actividade é, posto que dita información aparece dun xeito moi esquemáticos. Por outra banda, trátase dunha seríe de datos moi xerais en ningún momento aparece recollido quen será o encargado de desenvolver a tarefa ou que se pretende realizar o que impide que estes programas cheguen a un público maior, posto que a falta de información provoca que os participantes xa coñezan de xeito directo o que se vai a desenvolver.

B) Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol.

 Que é o CFR de Ferrol?

 Ao igual que o CFR da Coruña o centro de formación e recursos de Ferrol é un órgano que ten como principais obxectivos a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas non univesitarias, o intercambio de experiencias e reflexións sobre os procesos educativos e maila dinamización pedagóxica dos centros.

A política pedagóxica que leva a cabo o CFR de Ferrol ten en conta os seguintes aspectos:

  • Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.

  • Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran os plans anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.

  • Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.

  • Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico aos profesores e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.

  • Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.

  • Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.

  • Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito e influencia.

  • Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.

  • Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

  • Considera a competencia técnica, que sería o coñecemento, o saber. A competencia nos métodos, que é a capacidade do saber facer. A competencia para participar, o saber estar. Finalmente, a competencia emocional, algo fundamental que ten relación co persoal, coa calidade persoal, que sería a personalidade, é dicir, o saber ser.

Que contido está incluido e por qué?

Ao igual que no o caso da Coruña, aparecen recollidos unha serie de cursos que o profesorado pode realizar para estar en continua formación.

En canto a información das actividades que se van a realizar podemos dicir que é a mesma que nos aporta o CFR da Coruña, sendo os datos aportados os seguintes:

1. Codigo necesario para a automatización da propia actividade.

2.Titulo

3. A área de coñecemento ou o campo ao que pertencen

4. O período temporal no que se realiza.

5. O lugar no que se vai a desenvolver

6. O número de prazas dispoñibles.

7. A temporalización ( horas presenciais, non presenciais e o total de horas a cumprir)

Que non hai pero podería haber e por qué?

  • Descripción das actividades

  • Profesonais encargados de levalos a cabo.

  • Zonas de asesoramento, lugares a onde poden acudir os profesores en caso de dúbida. Estes centros non aparecen recollidos no propio plan pero si na páxina do CFR de Ferrol.

 


Fonte bibliográfica

Xunta de Galicia (2013) Plan anual de Formación do Profesorado: Curso 2013-2014 (Consultado  20 de novembro de 2013http://www.edu.xunta.es/web/node/9809)

http://www.edu.xunta.es/web/cfrferrol/ recuperado o día 27 de novembro.

http://www.edu.xunta.es/web/cfrcoruna/  recuperado o día 27 de novembro.