Reflexión sobre os procesos de formación docente


 Durante unha das sesións interactivas da materia “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” estivemos falando e debatendo sobre  os procesos de formación do profesorado segundo nos ia explicando a temática a docente encargada de dirixir o noso proceso de aprendizaxe, Lourdes Montero.

 En primeiro lugar, a docente explicounos as tres etapas que existen no proceso de desenvolvemento profesional dos docentes: Formación inicial,  Indución do profesor principiante e Formación continua. Mentres nos explicaba isto, indicounos onde se levaban a cabo este procesos. A Formación inicial alcánzase nos estudos universitarios de grado. A Indución do profesor principiante é algo máis complexo, xa en realidade trátase dun elo perdido no noso sistema educativo, mais actualmente existe procedemento o cal podemos identificar neste período dentro do noso contexto: o de funcionario en prácticas. Por último, en canto a Formación continua é a Administración educativa a que se encarga de ofertar cursos e actividades para manter activos os docentes en exercicio. 

 Posteriormente, a profesora plantexonos unha pregunta: Qué entendemos por ligazón do profesorado coa escolarización?

 En grupo, fomos respondendo e creando unha resposta común da que eu persoalmente recollo diversas afirmacións. Trátase dun proceso historicamente e politicamente organizado. É un conxunto de procesos que o Estado desenvolve para que todos os nenos estean atendidos no sistema educativo. Canto máis nenos sexan atendidos maior e o grado de escolarización. Esta expectativa, aumenta estes procesos, que cada vez sexa mais inclusivo que abarque cada vez mais xente nas aulas. Polo tanto mais necesidade de profesores precisamos. O aumentar a diversidade dos alumnos aumenta a necesidade do proceso de formación continuo dos profesores.

 A partir disto abríronse outros dous debates. O primeiro deles centrouse nos procedementos que leva a cabo a administración para que os docentes desenvolvan a súa Formación continua. A nivel persoal, recollín a seguinte reflexión: “A Administración Educativa busca preparar os docentes da mellor maneira posible, e os profesores en exercicio para mellorar en si mesmo, desenvolvemento profesional. Non hai formación sen desenvolvemento profesional pero non todo desenvolvemento é formación. A experiencia xoga un papel fundamental no desenvolvemento profesional. Non solo se basea en realizar cursos sen mais, porque non todas as situacións de formación conlevan a mellora do desenvolvemento profesional, pode realizarse cursos sen que o profesor adquira principios ou necesidades precisas para a súa formación. O fin de todo proceso formativo é mellorar. Debemos ter en conta as actividades da propia actividade profesional xa que a experiencia xoga un papel básico no proceso de formación a pesar de non estar organizada. O único sitio onde existe carreira docente é na Universidade”.

 Outro dos debates sobre os que conversamos foi a valoración das innovación e do traballo docente por parte da Administración Educativa. As ideas coas que me quedei desta discusión foron as seguintes: “O papel de doutor no noso contexto social existe moi pouca valoración deste grado de formación así como da propia tese doutoral. Unha das hipóteses que se baralla é a falta desta formación nos altos corpos do Estado. Só é valorado é necesario para avanzar a nivel profesional na Universidade. Os profesores universitarios son os únicos que ven recoñecido a súa labor de investigación docente e o seu grado de doutoramento. Dentro do campo da profesión docente existen dous campos: práctico e de investigación. Están interrelacionados pero non está claro como. A proxección das actividades de investigación non rematan de repercutir seriamente na práctica. Igual que nos procesos de investigación medioambiental se pode descubrir un dano ou perxuízo ó contexto e non se levan a cabo actuacións que o eviten. Normalmente o tipo de intervencións que se levan a cabo son aquelas que dean lugar a negocio. Dentro da educación resulta bastante complexo que se dea este caso polo que é menos probable que axentes fora do ámbito educativo se interesen en levar prácticas sobre isto. Por isto é habitual que so afecte as persoas que levan a cabo o proceso de investigación”.

 Partindo diso, fixen unha breve reflexión en clase que me parece importante recoller a continuación:

 “A falta de valoración social e pouca incidencia das investigacións elementos que deprimen e dificultan a motivación dos docentes infantil, primaria e secundaria para desenvolver o seu propio proceso de formación e que leven adiante investigacións. O aumento da valoración real da profesión docente por parte da sociedade e a posibilidade de incidir coas súas propias investigacións aumentaría este tipos de procesos. A responsabilidade e o compromiso dos profesores xoga un papel fundamental, máis fortemente nos primeiros niveis educativos. Innovar entra dentro dos procesos empíricos, na acción do individuo e na de todo o colectivo”.

 “A nivel pedagóxico, baseándonos no principio de prever as problemáticas futuras, seria esencial que este docentes levasen adiante procesos de investigación para motivar e desenvolver a capacidade de formación dos cidadáns e así solucionar problemas como o fracaso escolar”.

 “Non só se debe recoñecer a capacidade, tamén debemos darlle as ferramentas necesarias para que podan desenvolver estes exercicios”.

 Realmente me pareceu unha clase interesante e frutífera para o meu desenvolvemento formativo neste ámbito. Considero que a metodoloxía de traballo que desprega a nosa docente nas súas sesións e realmente positiva, xa que nos da a oportunidade de participar a todos os membros do grupo. A única crítica que se lle pode facer, é certa falta de atención á hora de outorgar as quendas de palabras, xa que nalgúns casos plantexa unha pregunta e continua a súa intervención rematando con outra pregunta diferente polo que os alumnos e alumnas que desexen responder a primeira cuestión vense descolocados do desenvolvemento do debate. Destacar que, esta é a única crítica posible a maneira de dirixir e formarnos desta docente polo que considero que a súa función como docente e realmente satisfactoria.