La elección de ser docente

A pregunta que nos facemos todos é: ¿Que motivo impulsa aos xóvenes a querer ser docentes en Educación infantil e Primaria?

Esta mesma pregunta desenvólvese e intentase dar resposta a través dun análise no texto de “La elección de ser docente” de Sandra Martínez e Luispe Gutierrez en Cuadernos de Pedagoxía.

No mero contexto dunha crisis que parece que vai en aumento chama a atención o incremento das matrículas nas escolas de Maxisterio polo que se fai un análise desta situación nun diálogo a tres bandas: os propios docentes, profesionais que miran isto dende unha perspectiva máis ampla (sociólogos, pedagogos e filósofos) e finalmente polos autores deste texto.

Vanse a observar tres temas clave para a elección de ser mestre como son: a vocación, influencias de outros como persoas a seguir e o tópico de “Me gustan los niños”.

Na parte que incumbe a vocación dende as tres visión se fala de esta como un impulso, unha chamada especial para exercer estes estudios.  Compárase esta profesión cunha militancia dos que cren noutro mundo e buscas que crezan outro tipo de persoas. Isto, a veces, vese transformado cando hai xente que accede a ser mestre  polo mero feito  do seu soldo, as súas vacacións... e non polo que esta profesión significa. Móstrase tamén, o interés de varios mestres por esta profesión dende pequenos,  ou como unha vocación tardía que se viu satisfeita.

Se agora falamos dos outros como modelos a seguir encontramos testimonios que nos din que houbo persoas nas súas vidas que os marcaron e que conlevaron a que se fixeran mestres. Estes puideron ser familiares ou mesmo os mestres que tiveron na súa etapa como estudantes.

Finalmente no tópico de “Me gustan los niños” encontramos a persoas que se dedicaron a isto polo mero feito de que os nenos eran a súa devoción, e no seu discurso sempre encontramos o razoamento de “Me gustan los niños”. Este é un dos máis escoitados polos estudantes de Maxisterio.

Despois de ler este texto considero que a profesión de mestre se chega a ela polo mero feito do conxunto das tres anteriores e polas vivencias persoais de cada un. Agora si, a pesar do que pensa a xente desta profesión, de ser a máis fácil, creo que é unha das máis difíciles de todas e a partires da cal cada un de nós deu as grazas ou se realizou como persoa a través dos seus mestres.

A pesar de todo, a vocación é un gran factor que afecta a esta profesión, ou iso considero.

Bibliografía:

Pérez Martínez, S. y Gutiérrez, L.(2013). La elección de ser docente. En Cuadernos de Pedagogía nº 436, 22-25.