PROXECTO COMBAS

961307e27356c8802920a2ae35a9aef7.jpg

 

O xoves 21 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a preto de 200 docentes o Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública a xornada, na que se exporán aos 114 centros participantes no proxecto as competencias educativas clave a estimular no alumnado, así como experiencias xa desenvolvidas neste eido.

‘Combas’ é a nova iniciativa do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar os programas de mellora da calidade educativa potenciando a autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros. O obxectivo do proxecto é apoiar a integración das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte básicas en cada centro de ensino, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.

O Proxecto Combas é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino. Por iso, os docentes participantes recibirán unha certificación de 30 horas de formación por cada curso escolar no que formen parte do equipo que leva a cabo o programa no centro. De xeito complementario, as persoas coordinadoras recibirán unha certificación de Innovación Educativa con equivalencia en 20 horas de formación.

Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias. Cómpre lembrar que a Consellería puxo en marcha no curso 2012/2013 o proxecto piloto dos plans de formación en centros, unha iniciativa moi demandada polos docentes. No seu primeiro ano de funcionamento participaron xa 68 centros.

O proxecto COMBAS é un proxecto de innovación do Ministerio de Educación, que en colaboración coas Comunidades Autónomas e a través do IFIIE (Instituto de Formación, Investigación e Innovación Educativa), busca aumentar a posibilidades de éxito escolar mediante a aprendizaxe das competencias básicas e do seu recoñecemento avaliación.
Trátase dunha experiencia piloto promovida durante o ano 2011 centrada no asesoramento e a formación do profesorado no propio centro educativo.

 

webgrafia.

http://www.edu.xunta.es/web/node/11266

http://www.edu.xunta.es/web/node/3668