Inmigrante dixital.

Na clase expositiva de hoxe, cada un de nós fixemos unha exposición de 3 conceptos que nos resultaran mais relevantes na materia ata o día de hoxe. Case todos coincidiamos nos mesmos, pero a min resultoume de gran curiosidade un, que ata ahora non escoitara falar del : inmigrante dixital.

Falamos de inmigrantes dixitais referíndonos a aquelas persoas que non son nativos dixitais ( nacidos a partir do 90 ), e que tiveron que adaptarse a unha sociedade cada vez mais tecnificada.

Os inmigrantes dixitais a diferencia dos nativos, son mais lineais, mais reflexivos e teñen certa tendencia a gardar en secreto a súa información.

Na actualidade, considerades que os nativos dixitais están mais preparados e cualificados que os inmigrantes dixitais, ou pola contra estes últimos son os que están mais preparados?

Esta reflexión fíxena a partir de leer o artigo do cal vos deixo o enlace a continuación para que poidades leelo por completo e ter unha visión mais obxetiva, que da opinión que eu reflexei aqui.

http://www.eduardpunset.es/13278/general/la-brecha-entre-nativos-e-inmigrantes-digitales