Unha mirada hacia o pasado.

Chega a final dunha viaxe, o fin dun segundo percorrido polos mundos do Stellae.É por iso que considero oportuno, realizar unha serie de conclusións sobre o que esta materia me aportou tanto persoal como profesionalmente. E, que me aportou esta materia?

proceso de aprendizaxe autónomo.

 Unha vez definido e analizado o termo de e-portafolio, compre falar da miña traxectoria ao longo do cuatrimestre. É importante comezar dicindo que foi unha asignatura que suscitou en min todo tipo de sentimentos dende o medo inicial, ata o descoñecemento e alegria ao longo do seu desenvolvemento. Pese a ter previa experiencia de traballo con esta rede social, non deixaba de "asustarme"  o feito de traballar mediante esta metodoloxía unha materia cuxos contidos teóricos me eran case descoñecidos. Pouco a pouco ese medo inicial foi desaparecendo posto que a traves das actividades realizadas en clase ( debates grupais, técnicas tales como a do acuario ou a do puzzle) e mediante a miña inquedanza persoal os contidos tomaban sentido e ianse asentando pouco a pouco ata chegar a comprender a materia " Formación e Desenvolvemento do Profesorado". Foi un camiño longo e complicado, marcado como toda travesia de aprendizaxe por pedras no camiño que habia que ir superando pouco a pouco a medida que avanzaban as sesións. 

A miña primeira entrada do blog era introductoria, neste sentido, vin a necesidade de afondar un pouco máis sobre a figura docente. Estabamos a cursar a materia de Formación do profesorado, pero Que é un profesor?, Que funcións ten?, Que retos ten día a día?, Que factores condicionan o seu traballo? Resulta curioso, logo de case 21 anos de alumna vin a necesidade de concretar eses aspectos máis sinxelos para poder construir unha edificación solida de habilidades, competencias e coñecementos.

Seguindo coa idea da figura docente, nunha das primeiras sesión traballamos as nosas historias previas como alumnos, alumnos marcados, evidentemente pola figura dun ou máis profesor. Mediante as nosas experiencias e dende unha óptica máis profesional, análizamos as figuras docentes que marcaron a nosa infancia e aqueles que por unha razon ou por outra foron causantes da nosa eleción de dedicarnos ao mundo da docencia. 

Partindo destes conceptos iniciais, enlazamos o transcurso das seguintes sesións de xeito que pouco a pouco fomos enchendo a nosa mochila de aprendizaxes. É certo que todos tiñamos constancia de que a profesión docente non era unha tarefa sinxela, pero persoalmente non tiña constancia de que fora tan complicada. As situacións diarias as que se ten que afrontar o profesor nunha clase tan multicultural marcada pola esixtencia dunha sociedade líquida (tal é como menciona Hargreaves) son cada día máis complicadas e verdadeiramente a formación que estes reciben moitas veces non e a suficiente ou a axeitada.

Unha vez cursado esta materia, teño máis claro que como pedagogas e pedagogos temos que loitar por unha educación de máis calidade, facer fronte a esas leis educativas (véxase o exemplo da LOMCE traballada en clase) que debilitan a esencia da educación e fan a que a tarefa docente poida chegar a ser unha profesión nada ou pouco motivadora para aqueles que se dedican a este ámbito. Enlazando coa motivación docente, tal e como vimos en clase é un dos puntos fundamentais para realizar esa labor dun xeito satisfactorio, máis non o único, neste sentido, faise necesario que os mestres presenten unha capacidade para sair adiante, para sobrepoñerse aos periodos de estrés ( o que técnicamente se coñece como resiliencia). Recordemos que a profesión docente é unha labor directa con outras persoas polo que non é dificil que existan situacións pouco gratas, máis se temos en conta, unha vez máis, as malas condicións que día a día se establecen para a docencia.

 Vocación, malestar docente, formación inical e permanente, feminización docente,identidate, traballo colaborativo, cooperación, profesorado novel, relación-teoria práctica... todos eles que oxe máis que nunca teñen sentido na miña identidade como pedagoga. Como aprendimos no transcurso das sesións en contacto co descoñecido e en xeral con todo aquilo co que te rodea vamos construindo a nosa identidade que nos marca tanto persoal como profesionalmente. Para min esta materia forma parte da miña identidade porque me axudou a coñecer, a investigar e a comprender un ámbito tan importante como descoñecido da educación. Como pedagoga, o curso de Formación e Desenvolvemento do profesorado, vaime axudar na miña labor, está claro que todavía me queda un longo camiño por percorrer pois tan só me atopo na punta do iceberg, máis considero que nun futuro xa podo aportar o meu graiño de area para mellorar algúns aspectos que vin erroneos ou incompletos en ámbitos relacionados. 

Para rematar gustariame facer referencia a este poema de Antonio Machado. Se algo aprendín con esta materia é que a educación é un como camiño, un camiño que se fai andando, formandose continuamente. E é ese o camiño que me queda por percorrer, cursar esta materia foi tan so o comezo agora quedame chegar a meta, unha meta que cada día estará máis cercana.

Caminante, son tus huellas
Formación e desenvolvemento do profesorado.el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
 

se ve la senda que nunca

se hace camino al andar.

Al andar se hace el camino,

y al volver la vista atrás

se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.

Antonio Machado. Caminante no hay camino.