Los Pedagogos del fondo

Los Pedagogos del fondo

Mira hacia atrás y nos verás aprendiendo

Conclusión de Grupo,. Formación e Desenvolvemento do profesorado

Un ano mais chega a fin do primeiro cuatrimestre e con él o noso punto e final nesta materia “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”. Debemos decir que esta non é un curso mais como os anteriores, xa que estamos a piques de rematar a nosa formación e polo tanto todo é diferente, tanto no ámbito persoal como grupal. Se fixeramos unha comparación da nosa chegada a universidade co momento actual non nos recoñeceríamos. E moita da culpa disto debémoslla as múltiples materias que fumos cursando ao longo da nosa formación, entre elas esta. Tanto materias como profesores fixéronnos medrar tanto no ámbito académico ou profesional como no persoal. Por todo isto, creemos que é necesario en primeiro lugar dar as grazas pola formación e polo trato recibido nestes anos, xa que realmente debemosvos moito.

Unha vez dito isto, centrarémonos en resaltar o que supuxo esta materia para nós.

Para empezar, gustaríanos falar da metodoloxía empregada na mesma. Como todos sabemos, dende o alumnado vence clamando dende fai anos a necesidade dun cambio metodolóxico entre o profesorado. Non queremos ser meros repetidores de saberes impartidos, senón que nos gusta expresar as nosas opinións, críticas… Por esta razón, estamoslle moi agradecidos a esta materia, xa que é distinta. A través da rede social Stellae podemos expresar o que sentimos e, ademais, sérvenos para coñecer outros puntos de vista, contrastar a información e resolver dúbidas entre nós (estudantes). Por estes motivos, estamos enormemente agradecidos xa que de unha vez por todas, ao igual que o ano pasado en “Tecnoloxía Educativa”,  ponse de manifesto que outra metodoloxía e posible. Que se pode avaliar o traballo dos alumnos sen ter que acudir a un exame, ademais de forma moito mais xusta.

Por outra banda, en canto aos contidos dados nesta materia podemos decir que foron múltiples e moi variados, pero no que todos estamos dacordo, foi a gran importancia que consideramos que teñen todos eles. Estes contidos dados axudaronnos a resolver dubidas que tivemos durante toda a carreira como poden ser a educación ao longo da vida, o papel da vocación no ámbito educatvo, a importancia da identidade do profesorado, o grande número de obstáculos cos que se atopan os docentes ao intentar levar a cabo o seu traballo, a importancia dos cambios na sociedade (como estes afectan a educación…)… ademais, nesta materia invitousenos realmente a participar, dicir a nosa opinión, criticar o punto de vista de compañeiros… Como se pode ver, a aprendizaxe obtida debemoslla tanto aos contidos impartidos pola profesora Lourdes Montero, como a construcción do noso propio coñecemento a través da autonomía ca que pouco a pouco fumos contando.

Por outra banda, este ano utilizamos esta plataforma (Stellae) dunha maneira mais completa a través dos grupos (como no que nos encontramos agora mesmo). Dende os nosos comezos como estudantes de Pedagoxía se nos ven poñendo de manifesto a necesidade do traballo grupal ou cooperativo tanto por parte de alumnos, como de profesores… Por todas estas razón parécenos moi importante este apartado, xa que a través desta nova metodoloxía fumos quen de levar a cabo traballos moito mais complexos, mellorar as nosas aportación individuais, complementalas… Ademais, grazás as discusións que podíamos levar a cabo entre os membros que conformábamos este grupo, permitiunos resolver dúbidas, debatir temas de actualidade, dar diferentes puntos de vista ante unha problemática….

Por último, gustarianos destacar que este grupo entendeuse moi ben dende o principio deste proxecto, participando activamente nas tarefas requeridas, resolvendose dúbidas mutuamente, prestándonos apoio entre todos… Por estas razón estamos moi contentos polo traballo levado a cabo.