Reflexión sobre o Informe PISA do 2012

Fai un par de días veu a luz o Informe Internacional para a Avaliación de Estudantes do ano 2012 (Program for International Student Assessment ou PISA). Este informe basease no análise do rendemento de estudantes a partir de uns exames que se realizan cada tres anos en varios países co fin de determinar a valoración internacional dos alumnos. Este informe é levado a cabo pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), que s encarga da realización das probas estandarizadas dos ámbitos de matemáticas, comprensión lectora e ciencias a estudantes de 15 anos de 65 países. Aínda que é considerado coma un sistema “obxectivo” de comparación, son moitas as críticas o que está suxeito, como por exemplo que sexa unha análise meramente cuantitativa da realidade. Este informe actualmente poida que sexa o máis famoso proceso de avaliación interna do alumnado a nivel internacional.

Os resultados aportados por este informe unha vez máis deixan ao noso país cunhas puntuacións inferiores a media da OCDE, aínda que con respecto o informe do ano 2009, subiu algún posto. Os resultados dos alumnos do noso país son:

 

  • Matemáticas: 484 puntos. Sendo os 494 puntos a media da OCDE 
  • Lectura: 488 puntos. A media da OCDE é de  496 puntos.
  • Ciencias: 496 puntos. A media da OCDE é de  501 puntos.

 

Logo de botarlle un ollo ao informe e a varios artigos que trataban sobre el, coido que os aspectos que máis me chamaron a atención foron os seguintes:

  • O rendemento do noso país segue por debaixo da media da OCDE pero aínda sen variacións significativas con respecto os anteriores informes do 2000, 2003, 2006 e 2009.
  • A diferencia entre comunidades é mais que notable en algúns casos, chegando a diferir en máis 50 puntos segundo o varémo do informe. Como ocorre por exemplo entre Navarra (a mellor valorada) e Estremadura (a peor valorada).
  • Os centros do noso país contan con menos autonomía sobre todo a hora de desenvolver contidos e a súa avaliacións, da que contan polo xeral os centros doutros países da OCDE.
  • A equidade, aspecto polo que destacaba positivamente o noso país, empeorou con respecto a informes anteriores.
  • O gasto educativo incrementouse e cada vez está máis próximo a media.
  • Os alumnos repetidores seguen sendo moi comúns nas nosas escolas, paréceme recordar que un de cada tres alumnos das nosas aulas de secundaria foi ou é repetidor.

A modo de resumo, compre dicir que os resultados de España neste informe non son demasiado alentadores e poñen de manifesto unha vez máis a necesidade de unha gran reforma educativa no noso país. A educación debería de converterse nunha cuestión de Estado e os partidos dunha ou outra cor deberían de volverse responsables e acordar reformas conxuntas e consensuadas e plantexar de unha vez unha lei seria de educación que dese por finalizado este vai vén de leis educativas sen sentido o que estamos acostumados neste país dende fai xa moito tempo.

                                                              image

Webgrafiía e Bibliografía:

http://es.wikipedia.org/wiki/Informe_PISA (consultado o 4/12/2013)

http://www.20minutos.es/noticia/1995070/0/ocde-resultados/informe-pisa/estudiantes-espanoles/ (consultado o 4/12/2013)

http://www.rtve.es/noticias/20131203/informe-pisa-espana-2012/809240.shtml (consultado o 4/12/2013)

http://www.rtve.es/noticias/20131203/informe-pisa-senala-mal-reparto-del-gasto-educativo-horas-lectivas/809343.shtml (consultado o 4/12/2013)

http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/internacional/pisa2012/pisa2012lineavolumeni.pdf?documentId=0901e72b81786310 (consultado o 4/12/2013)