A conta atrás ...

Todo camiño chega ao seu fin, ou polo menos a unha parada,…

Tendo en conta este feito, debo enfrontarme a última das reflexións que realizo nesta materia. Unha última análise complexa, na que pretendo avaliar o meu labor de cara a introducir aqueles aspectos que determinan o meu traballo na materia, así como os procedementos que levei a cabo para acadalos.

Para comezar esta análise quero incidir no papel que ten o E-portafolio, neste traballo. Non é a primeira vez que debo enfrontarme a este reto, un reto complexo no cal as habilidades metacogitivas (“coñecemento acerca do coñecemento”), son a destreza fundamental para poder levar a cabo este aprendizaxe.

camiño

Deste xeito, comeza o meu learning by doing, comezo de novo un camiño de aprendizaxe, no cal a miña mochila xa está cargada de coñecementos e destrezas que foron traballadas na miña etapa anterior deste camiño de formación, concretamente a etapa da materia Tecnoloxía educativa. Con isto quero, volver a incidir en que non era un comezo sen ningunha base, mais como todo comezo, presentou para min similares dificultades e incertezas.

camino

Estas dificultades, non partían da utilización da rede Stellae, senón que estaban motivadas pola, para min, dificultade dos contidos. Non sabía moi ben por onde comezar e como empezar a crear un fío condutor que me proporcionase unha unión e unha secuencia no meu análise. Con todo, considero que aínda que o meu traballo foi máis tardío na parte individual no meu E-portafolio, puiden concluír cun completo análise daqueles conceptos e aspectos que me pareceron máis relevantes para entender a materia e a súa importancia.

A diferenza do traballo realizado na materia Tecnoloxía educativa, o cal era de maneira individual, en gran medida, nesta materia tivemos que levar a cabo un traballo grupal, paralelo ao noso traballo individual e que sen dúbida e unha parte complementaria indispensable.

Este traballo en equipo foi a parte máis gratificante do labor que realicei na presente materia. Parte da culpa, ou mellor dito, o motivo polo que estiven tan ben traballando deste xeito é  o equipo do que formaba parte. Con María e Anaís, foime moi sinxelo traballar, entre as tres conseguíamos levar a cabo un traballo constante, motivado en gran medida polas actividades proposta na aula, así como por algún outro aspecto tratado nas sesións que nos interesaba reflexionar en grupo. É certo que partiamos con vantaxe con respecto ao mellor a outros grupos, posto que gran parte dos nosos traballos os realizamos xuntas, mais este era un novo reto. Un eixe importante deste reto foron “as discusións”, un espazo no que poder propoñer temas a traballar, así como reflexionar e dar a nosa opinión sobre outros moitos. Cómpre dicir, que debido á realización do traballo de forma conxunta presencialmente, era difícil levar a cabo discusións dos temas tratados, e quizás ao final, non empregamos tanto como deberíamos este instrumento.

Como se pode ver, non realicei esta etapa do meu camiño de formación soa, conto con dúas compañeiras de equipo, coas cales centro gran parte do meu traballo, así como co conxunto do grupo clase, co cal a través dos seus comentarios tanto na rede como nas distintas sesións, foron influíndo no traballo que estaba a realizar.Se hai un feito claro dende o comezo da materia, e que como mellor se evoluciona nos coñecementos e reflexionando sobre eles, pero non só de maneira individual, senón que recollendo as ideas dos nosos compañeiros, daquelas persoas que inflúen na nosa formación, moitas veces sen decatarnos, e que son tan importantes á hora de contribuír a asentar e afianzar os nosos aprendizaxes.

  camiño con outras persoas

E neste momento cando considero oportuno determinar, Que foi para min o traballo nesta materia?

Sen dúbida, foi un camiño de incertezas, de descubrimentos, de cambio de miras, de reflexión, de motivación, de traballo en equipo, e por suposto de avaliación continua. Neste senso, quero incidir no que significou para min a avaliación que tivemos a metade do cuatrimestre. Considero que contribuíu, a “poñerme as pilas”, de maneira individual non estaba levando a cabo un traballo constante como debería. Isto fixo que me reformulase o meu traballo e a miña implicación. Coido que ese punto de inflexión marcou unha gran diferenza no meu E-portfolio, o cal neste momento amosa o cambio experimentado.

Outro punto no que xa incidín anteriormente pero o cal considero debo rescatar para reflexionar sobre a materia e a importancia dos pares. Ter en conta aos compañeiros, construír e compartir os aprendizaxes xuntos, permite realizar unha mellor e máis completa reflexión sobre as distintas problemáticas formuladas na aula, así como sobre o significado que lle atribuímos á materia.

Centrándome xa nos meus aprendizaxes, gustaríame rescatar unha cita que empreguei na autoavaliación que realicei na materia Tecnoloxía educativa, posto que sen dúbida é un claro reflexo do que é para min esta materia e este modelo de aprendizaxe. Para isto, cito a  John Cotton Dana o cal di que "Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender”. Tendo en conta isto, somos conscientes, cada día máis da importancia do aprendizaxe permanente, da adquisición de melloras constante e da actualiación acorde ás necesidade.

No noso eido, estamos a formarnos como axentes de cambio, de mellora, de ampliación de miras, sen dúbida estamos a formarnos en novas metodoloxías, véxase o emprego deste mecanismo de avaliación, somos por tanto unha peza clave na educación da sociedade actual así como das sociedades futuras. É por iso que nunca debemos deixar de aprender. Como dixen ao comezo,

 

todo camiño chega ao seu fin, ou polo menos a unha parada,…” e esta etapa do camiño está

a punto de rematar.