Indicadores OCDE

Nunha das clases interactivas traballamos cos indicadores da OCDE que recollen o panorama do sistema educativo español.

Nesta análise do informe da OCDE de 2013 centrámonos no entorno dos centros educativos e o aprendizaxe. A partires desto puidemos apreciar os seguintes datos:

  • Ratio alumnos – profesor

España esta por debaixo da media tanto na OCDE como na Unión Europea. Esta situación encontrámola en todos os niveis educativos.

  • Horas de ensinanza

O número total de horas de clase obrigatoria para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria, en case todas as idades, en España é superior ao promedio da OCDE e da UE21. As horas de instrución por materia, como porcentaxe do número total de horas obrigatorias, non presentan grandes diferenzas coas do alumnado da OCDE e UE21.

  • Media de alumnos por clase

En España o tamaño real da clase que se define como a ratio entre o número de alumnos e o número de grupos é similar ao da OCDE e da UE21 nas escolas públicos, tanto na Educación Primaria como na primeira etapa de Educación Secundaria. En cambio, o tamaño estimado da clase que ten en conta a ratio alumnos -profesor e as horas lectivas de profesores e alumnos, é máis baixo que o da OCDE e o da UE21.

  • Retribución do profesorado

O salario dos profesores en España, actualmente, viuse afectado pola crisis económica. Sen embargo sigue sendo superior ao salario medio dos países da OCDE e da Unión Europea en todas as etapas educativas.

  • Horas de ensinanza do profesorado

Neste caso o número de horas é superior ca o do resto de países. A proporción que representan as horas de ensinanza no horario total de traballo dos profesores está  tamén por encima das da OCDE.

  • Quen son os profesores?

Ao igual que na OCDE a gran maioría dos profesores son mulleres  nos niveis inferiores aos de Educación Terciaria, en cambio nos superiores a ese nivel a maioría son homes.

Un 56% dos profesores en Educación Primaria teñen máis de 40 anos. En Educación Secundaria o 66% está nese grupo de idade.

 

 

Considero, despois da lectura do texto, que a situación educativa de España ainda que non é precaria, está algo lonxe do ben que a reflexan neste documento. Creo que no próximo informe verase con claridade a situación real na que estamos.  Creo que hai distintos matices que se lle poderían aplicar a cada un destes indicadores e que transformarían por completo a realidade que se reflexa.

 

Bibliografía

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2013). Panorama de la educación. Indicadores de la OCDE 2013. Madrid