La docencia, una experiencia compartida

“La docencia, una experiencia compartida”, das autoras Lorea Fernández, Asunción Martínez-Arbelaiz e Estíbaliz Jiménez de Aberasturi, que encontramos no número 436 da revista Cuadernos de Pedagogía.

Trata de amosarnos o que supoñen as relacións dos mestres noveles cos mestres máis experimentados na práctica educativa.

Destácase  a importancia deste compañeirismo entre profesionais na formación dos mestres noveles, como afectan as interaccións que se manteñen con estes mestres nas súas aprendizaxes, que actitudes desenvolven estes mestres novos, que problemas se lle poden presentar nun centro escolar e como son quen de afrontalos.

Déixanse ver diversos puntos sobre a temática do mestre novel: a formación inicial deste mestre, a propia experiencia inicial como mestres, as relacións cos compañeiros de profesión e a actitude do mestre.

As relacións cos compañeiros poden ser ou ben negativas ou ben positivas. Isto condicionará o clima de traballo. O ambiente que se respire no centro educativo é un condicionante moi importante á hora de desenvolver a labor docente tanto no caso dun novel como doutro máis experimentado. Se a relación é negativa , o profesional novel vai analizando que clase de docente quere chegar a ser e vai moldeando os seus ideais para buscar aquilo que o identifique. Se, pola contra, a relación é positiva, a axuda que lle poden proporcionar o resto dos compañeiros de traballo marcarao como futuro profesional. Estas relación pódeno levar a unha dependencia e sumisión. Aínda que consigo tamén pode traer aspectos positivos como axuda da autoestima ou de desenvolvemento fluído da actividade docente grazas a dita axuda dos compañeiros.

As relacións cos compañeiros desenvolve a nosa identidade docente.

Os coñecementos aprendidos na Universidade non van a ser suficientes xa qe se aprende a través da práctica e da experiencia.

Tamén podemos destacar o papel que teñen os profesores máis experimentados e veteranos sobre os xóvenes, xa que debido a súa axuda ou amizade van seguir un prototipo ou serán orientados dunha maneira ou de outra.

 

Bibliografía

Fernández, L., Martínez-Arbelaiz, A. y Jiménez, E. (2013). La docencia, una experiencia compartida. En Cuadernos de Pedagogía nº436, pp. 58-61.