Outro informe que non é PISA. “A calidade de un sistema educativo non pode ser mellor que a dos seus profesores”

Buscando información para a miña anterior entrada, na que analizaba brevemente o último informe PISA, atopeime con un informe chamado “How the world's best performing schools systems come out on top”, un informe doutra natureza que o de PISA, é realizado por unha empresa de Consultoría chamada McKinsey, pero que logo de buscar información sobre o mesmo coido que aporta cuestións moi interesantes sobre a educación e a inversión na mesma que pretendo plasmar nesta entrada.

Este informe está baseado no informe PISA, pois este último esta considerado poida que como a principal referencia a hora de analizar a ensinanza no mundo. Este informe PISA permite comparacións internacionais que poden achegar datos sobre o que falla e o que funciona nos sistemas educativos dos diferentes países incluídos no mesmo. Este informe o que precisamente fai e comparar estes datos para que logo de seren analizados en conxunto se poidan sacar certas conclusións, unhas bastante evidentes e outras pode que non tanto.

Entre as comparacións que máis me chamaron a atención logo de votarlle unha ollada a este informe son por exemplo que segundo este informe o diñeiro non é tan decisivo como se pode chegar a crer nun principio. Para isto exemplifícao da seguinte maneira: Australia, a cal leva triplicado o gasto por alumno dende os anos 70 non logra achegarse os resultados acadados por Singapur, o cal gasta menos da maioría de países analizados no informe PISA.

Estados Unidos un ratio profesor-alumno  moitísimo máis baixo que Corea do Sur, sen embargo Corea do Sur está nos primeiros postos nas tres probas do informe PISA e E.E.U.U. se sitúa rondando os postos 20.

Finlandia, caracterizada xa polos bos resultados en PISA, ten menos horas de clase que moitos países de Europa como España, a cal se sitúa por debaixo da media da OCDE.

Como é isto posible? Parecen datos que van en contra das “crenzas populares” sobre a educación. Pois a resposta e tan sinxela como que a ensinanza e en concreto a calidade da mesma e os factores que a fan posible non son un datos que se poida cuantificar tan facilmente.

Este estudio de McKinsey aporta o final do informe tres aspectos que si son comúns nos países que soen encabezar as listas do informe PISA. Estas características son tres e a simple vista parecen moi sinxelas de cumprir: Contratan aos mellores profesores, procuran sacarlles o mellor partido a estes profesionais e interveñen de inmediato cando os resultados dos alumnos comezan a baixar.

 

“Contratan aos mellores profesores”:

Dento deste informe apreciase a importancia que lle da o profesorado. Podemos ver unha afirmación dita por un funcionario coreano que di “A calidade de un sistema educativo non pode ser mellor que a dos seus profesores”, palabras que sen dubida algunha dan para falar moito. En Estados Unidos os profesores, por termo medio, proceden de graduados universitarios de baixas cualificacións, como ocorre en moitos máis países do informe PISA. Pero en cambio en Corea do Sur moitos dos profesores, sobre todo de primaria, na súa época universitaria foron graduados con notas das máis altas. Esta calidade do profesorado tampouco se pode relacionar con os salarios pois Corea do Sur ou Singapur non ofrecen salarios superiores a media, e por outra banda países con peores resultados como Alemaña ou mesmo España ofrecen os seus docentes soldos máis cuantiosos.

Polo tanto de estes datos podemos sacar de conclusión que para acadar bos resultados hai que ser “selectivo” a hora de escoller profesionais. Moitos países con bos resultados como Finlandia ou Singapur realizan un proceso de selección distinto. Non forman a un gran número de candidatos e logo realizan unha criba dos mesmos mediante, por exemplo, unha oposición para entrar a ensinanza pública. Senón que estes países limitan as prazas nas escolas de maxisterio a demanda real de profesores, o que lles permite dedicar moitos máis recursos a estes futuros profesionais.

“Procuran sacarlles o mellor partido”:

Logo de formarse e conseguir notas excelentes na universidade, ven a hora de incorporar a estes profesionais a ensinanza. Neste aspecto tamén aparecen diferencias moi significativas entre países. Os países con mellores resultados proporcionan unha abundante formación practica aos seus alumnos universitarios ademais de fomentar a formación permanente. Por exemplo en Singapur os profesores recen chegados as aulas contan con a tutela de outro ou outros profesores máis experimentados nomeados pola mesma escola para ese fin. Caso similar ocorre tamén en Finlandia.

“Interveñen de inmediato cando os resultados dos alumnos comezan a baixar”:

E por último, atendendo a cuestión de que fan estes países cando ven que algo non funciona, tamén como non hai diferencias. Hai un amplo número de métodos que os países utilizan para detectar posibles problemas, como por exemplo os exámenes anuais que se levan a cabo en Inglaterra ou en Estados Unidos, aínda que de distinta maneira. Sen embargo outros países como Finlandia practicamente prescinde destes exámes de carácter nacional.  

Neste último aspecto e segundo se pode ler no informe existen máis se cabe que nos dous anteriores apartados que citei, demasiados métodos e formas de detectar e analizar os problemas educativos. Se ben e certo que os países con maiores éxitos educativos, como era de esperar, interveñen rápido e sempre, ante calquera problema aínda que este nun primeiro momento non pareza significativo para a educación. Así po exemplo Finlandia dedica moitos máis profesores a alumnos que necesitan apoio do que polo xeral dedican os países analizados no PISA.

 

A modo de Conclusión:

Este informe pareceume moi interesante dende o punto de vista de que vai en contra de moitos dos supostos implícitos as políticas educativas que por exemplo se dan continuamente en España, a todas as horas, en todos os medios, moitas opinións de cidadáns,  e en todas as aparicións dos políticos referíndose a educación. E por outra banda porque ofrece o que o meu parecer podería ser unha solución para a mellora do sistema educativo: a correcta selección e formación de docentes.

 

Webgrafía:

http://www.oecd.org/pisa/ (consultado 4/12/2013)

http://mckinseyonsociety.com/downloads/reports/Education/Como_hicieron_los_sistemas_educativos.pdf (consultado 4/12/2013)