Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Clase do mércores 4 de decembro

04/12/13

Esta sesión do catro de decembro de 2013 foi a última sesión de aula da materia de asesoramento curricular a centros e profesores, foi por tanto, o punto e final a unha sucesión de sesións presenciais nas que foron moitos os contidos abordados. Aínda que, por diferentes razóns, non foi posible desenvolver todas  as sesións que tiñamos plantexadas ao comezo de curso.

Comezamos falando da colaboración, considerando esta unha acción precisa para a elaboración das medidas, ben sexan ordinarias ou extraordinarias, como poden ser o Plan de Acción Tutorial ou o reforzo educativo, no caso das medidas ordinarias, e as Adaptacións curriculares e os Programas de Diversificación Curricular, no caso das extraordinarias. Todas estas recollidas no Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Definimos o que é un seminario, sinalando que é unha técnica de grupos que consiste fundamentalmente en que todos compartimos un mesmo documento e traballamos sobre el. Destacamos a necesidade de que exista un ponente e de que o resto de participantes traballen sobre o texto proposto.

Xa unha vez introducidos no seminario e sinalado o texto que iamos traballar e que todos teríamos que ter lido. Echeita, G. Y Rodriguez, V. (2005). El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa. En C. Monereo y J.I Pozo (Coords.). La práctica del asesoramiento educativo a examen. Barcelona: Graó, 253-269, comezou Cristina Barriento facendo un breve resumo da parte de Echeita, dicindo: “Llegó a un instituto en el que no eran muy partidarios de la LOGSE. Se encontró con una oposición de los profesores. Se negó a intervenir de forma clínica y tuvo que actuar a partir del currículum para demostrar su valía y le dieron un despacho apartado.”

Cristina Rey engadiu: “ Él ya iba cabreado porque tenía un buen puesto de trabajo y ademas todo eran impedimentos y se le hizo todo cuesta arriba entonces se centró en hacer los documentos del centro.”

Cristina Barrientos, retomando a súa anterior intervencións dixo: “ Pudo asistir a las juntas de evaluación porque le dieron horas de docencia y eran bastante caóticas. Decía que la atención era distinta entre los primeros y los últimos de la lista.”

Carolina Mourelos sinalou unha frase literal do texto na que se fai referencia a que el chega ao centro con unha "actitude moi altiva."

Lara Villar destaca a súa "visión idealista."

María Vázquez di que "ao ter mala relación co profesorado céntrase no alumnado, dando se conta de que é precisa unha mellor preparación para levar a cabo o seu traballo."

Gustaríame destacar unha frase da profesora de Lourdes Montero que me pareceu moi interesante: “La credibilidad a veces consiste en demostrar que podemos hacer lo que otros hacen.”

En canto ao texto de Rodríguez, Chari, sinalou como principal resume do texto que "el non fixo nada, solo se deixou levar e solo atendeu ás demandas."

Ana Graña di: “Yo no estoy de acuerdo con el autor porque me costaría mucho hacer algo que no comparto.”

Presentouse a pregunta sobre si é hipocresía actuar así.

Antes de continuar co desenvolvemento da sesión, gustaríame dar a miña opinión persoal sobre o comportamento destas persoas.

En primeiro lugar, no caso de Echeita, considero que a súa actitude no momento de chegar ao centro debería ser diferente. É entendible que estivese enfadado por ter que deixar atrás un traballo no que estaba contento e no que se sentía a gusto, pero estaba ante un novo reto, reto que tiña que afrontar con motivación e decisión xa que así os resultados obtidos serían moito máis satisfactorios.

Debería polo tanto comezando por ganarse a confianza de todos aqueles axentes cos que lle gustaría traballar para emprender dende o escalón máis baixo e así poder acadar todos os obxectivos que se propuxese.

En segundo lugar, no caso de Rodríguez, considero que podería ter unha actitude máis activa, un maior ímpetu por emerxer novas accións no centro, e non sentarse e esperar a que alguén reclamase a súa axuda.

En canto á opinión de Ana, dicir que non estou moi de acordo con ela, xa que non é cuestión de esconder a nosa forma de pensar e actuar de outra maneira para tentar gañarnos a confianza dos demais. Penso, que se non deixamos claro dende o primeiro momento o que pretendemos e vamos pouco a pouco con pequenas accións, para que os demais poidan observar que a nosa labor no centro vai a ser positiva, poderemos gañarnos seguidores cos que traballar nun futuro de forma conxunta.

Falamos chegados a este punto da diversidade, comezando por nomear á colaboración, considerando esta unha acción precisa para a elaboración das medidas, ben sexan ordinarias ou extraordinarias, como poden ser o Plan de Acción Tutorial ou o reforzo educativo, no caso das medidas ordinarias, e as Adaptacións curriculares e os Programas de Diversificación Curricular, no caso das extraordinarias. Todas estas recollidas no Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (en entradas posteriores farei referencia a estas medidas de atención á diversidade).

Un dos seguintes puntos tratados na presentación foi o de determinar cales eran os erros máis comúns con respecto da diversidade e das súas medidas:

  • A crenza de que a comunidade educativa coñece ou debería coñecer como funciona a orientación.
  • Non podemos elaborar programas sen  a intervención do propio profesorado e xefe de estudos.
  • Non se pode entregar o PAT aos titores ao comezo de curso e esquecernos do seu seguimento.
  • Non debemos esperar a que alguén demande a nosa axuda porque a orientación é moito máis que iso.
  • Non debemos tampouco asumir as funcións que teñen outros profesionais do centro, nin tampouco centrarnos en aqueles que non lles interesa colaborar, se non que todo o contrario, é preciso prestar atención e volcarnos en todos os que si o desexen para así conseguir avances e tentar chamar a atención dos que se opoñen para que así se poidan animar.
  • Finalmente, debemos entender que non podemos atender a todo ao mesmo tempo. Temos que ser esixentes con nos mesmos pero tamén modestos e aceptar que non podemos abarcar todo porque o único que conseguiremos e fracasar, xa que todos nalgún momento precisamos a axuda e colaboración dos demais.

Outro aspecto a destacar da presentación de aula foi o referido á delimitación de algunhas competencias ou funcións máis concretas que teñen cada un dos profesionais no proceso de elaboración dunha adaptación curricular:

En canto ao profesorado:

  • Avaliación da competencia curricular en cada unha das áreas e cumprimento da folla de derivación elaborada polo Departamento de Orientación.

En relación ao orientador:

  • Realización da avaliación psicopedagóxica:
  1. Valoración do contexto de aula.
  2. Valoración do contexto familiar.
  3. Valoración das características do alumno/a.
  4. Determinación das NEE.

En combinación de profesor/orientador:

  • Selección de obxectivos, contidos e criterios de avaliación en cada unha das áreas a adaptar. É sumamente importante conservar a metodoloxía a utilizar.

E, por último, o orientador/a:

  • Elabora o documento final, para, a través da dirección do centro, remitilo á inspección educativa.

Para pechar esta última sesión de aula, falamos do asesoramento do departamento de orientación sobre a diversificación curricular, dicindo que se encarga de:

  • Elaboración do programa base.
  • Realización da avaliación psicopedagóxica dos alumnos.
  • Asesoramento sobre o perfil dos alumnos que cursan un PDC.
  • Asesoramento sobre os principios metodolóxicos destes alumnos/as.
  • Asesoramento sobre diferentes formas de avaliación superando os exames tradicionais.
  • Ofrecemento de materiais adaptados a ditos programas.
  • Insistencia ao equipo directivo sobre a necesidade de estes programas.

Rematar dicindo que, como cada semana, este é un resumo da miña asistencia e impresións na sesións de aula desta materia, pero que, en sucesivas entradas, farei unha reflexión final sobre dita presenza na aula da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores.