competencia dixital

Oxe na clase estivemos analizando os diferentes conceptos que aprendemos durante este breve período de docencia. Puidemos recordar gran variedade de elementos que nos resultaron máis interesantes para cada un, entre os conceptos claves vou destacar a "competencia dixital". Indagando pola rede e buscando información sobre o mesmo atopei este vídeo de Jorde Adell onde explica o que é a competencia dixital dun xeito, na miña opinión, bastante sinxelo de enterder.

 

Compoñentes da competencia dixital: 1. competencia informacional 2. competencia tecnolóxica 3. alfabetizacións múltiples 4. competencia cognitiva xenérica

Algunha das frases que máis me chamaron a atención foron as seguintes: "seria interesante evaluar si necesitamos o no estos cacharros. No le sacamos todo el partido a las tecnología y las renovamos por el mero hecho de las modas". "la familia tiene un papel fundamental dentro del desarrollo de las competencias digitales".

A través deste vídeo tamén coñecín un novo concepto do cal nunca escoitara falar, "cidadanía dixital". Escoitarades falar antes de este concepto? Que é para vos a cidadanía dixital?

Comentarios

  • Silvia

    Eu tampouco escoitara nunca falar dese concepto. Imaxinome que pode ser referido a todos os cidadáns inmersos no mundo das TICS non? Non sei, quizais teñamos que averiguar sobre eso para poder definilo correctamente.

    As frases do vídeo que che chamaron a atención son de grase interese. Para min a última ten gran importancia, posto que pensei que a familia non tería influencia neste ámbito.

  • Melisa

    Creo que, como acontece co concepto cidadanía, cidadanía dixital tamén implica unha serie de dereitos e deberes, neste caso referido ao uso da tecnoloxía. Débese apostar por un uso responsable, previndo os riscos das TIC, sobre todo no caso dos menores.

    Fenómenos como o ciberacoso son moi perigosos, segundo o que atopei na wikipedia, usan a información electrónica e medios de comunicación tales como correo electrónico, redes sociais, blogs, móbiles, etc para acosar a un individuo ou grupo, mediante ataques persoais.