Estudo de casos

Na sesión do luns 25 de novembro, estivemos a traballar con dous estudos de casos no que se describían as experiencias que tanto Gerardo Echeita como Víctor Rodríguez tiveran como orientadores dun centro educativo. De este texto, elaborei unha reflexión crítica que está na entrada anterior deste cartafol. 

Sen embargo, tiña curiosidade por coñecer que era un estudo de casos, polo que estiven a buscar información sobre os obxectivos que perseguían, os tipos,... 

Por este motivo, incorporo no documento adxunto a información que encontrei sobre estudos de caso no ámbito educativo. Teño que dicir, que para a sesión do luns 2 de decembro tiñamos que buscar outros exemplos de estudo de casos sobre ACIS, pero esta foi unha tarefa sen resultado, xa que non conseguín encontrar ningún.

Finalmente, descatar a importancia dos estudos de casos, xa que nos permiten achegarnos á realidade e a partir dela corroborar as teorías existentes ata o momento ou incluso elaborar novas teorías. Ademais, considero que son importantes especialmente na formación de novos asesores- orientadores, que nos encontramos nun vaivén que non sabemos moi ben o que nos espera, e isto permítenos achegarnos un pouco máis a realidade.

Estudo de casos