O MEU PRIMEIRO DÍA COMO ASESORA

O MEU PRIMEIRO DÍA COMO ASESORA.

O meu primeiro día como asesora educativa imaxínomo cargada de nervios e emocións.

Espero que chegue axiña ese día no que entre nun centro educativo dispota a exercer a miña labor como asesora; ese día tan esperado para min.

Imaxinome que a noite anterior non pegarei ollo da ilusión e dos nervios que me rodearán, non se me darán pasado as horas; pola maña serei das primeiras en chegar ó centro e agardar que se abran as portas para coñecer os meus novos compañeiros e o meu novo lugar de traballo.

Dado que os primeiros días todo será descoñecido para min precisarei da axuda dos compañeiros que me terán que poñer ó día de moitas cousas pero, confio en que grazas á súa colabiración e ó meu empeño e entusiasmo por aprender, enseguida estarei á altura das circunstancias.

Imaxinome traballando nun centro educativo onde todos nos axudemos e traballemos como un gran equipo pois, considero que esta é a mellor forma de actuar e a maneira de acadar os mellores resultados. espero gañarme a confianza dos alumnos/as grazas ó meu bo traballo.

Como podedes comprobar, son bastante positiva e imaxinome too de cor de rosas; de ser doutro xeito, non me atoparei estudando o que estou estudando. Paréceme unha profesión preciosa e espero poder chegar a exercela algún día e compartir con vos a experiencia real.