"Aprender de los errores es enseñar para la vida." S. DeLaTorre

Levo varios dias intentanto reenganchar co blog, pero a verdade é que estas minivacacións non dan para moito, e entre obligacións familiares e demais resulta difícil volver aos quefaceres habituais.

Agora que parece que conseguin reenganchar, continúo con este blog no que pretendo dar a minha visión sobre as clases ás que puiden asistir.

Na terceira sesión á que asistín, que se non apuntei mal foi no día dos namorados, a profesora comezou a clase presentandonos dúas frases. A primeira, quizais porque xa a lembraba doutros anos non meditei demasiado sobre ela.

"Learning by doing" de J. Dewey. Do ano pasado lembro ter cavilado sobre esa frase, sobre o absolutamente certa que é. E agora, sendo profe pioneira do meu cole plurilingüe podo asegurar que nesta situación é onde máis certa é. ¿Cómo se lle pode explicar a un cativo de seis anos nun idioma que non coñece que ten que utilizar os colores cálidos nesa paisaxe? Mímica. Exemplos. E sobre todo hai que deixarlles equivocarse. Que aprendan dos seus erros, e o ensaio-erro levaralles á resposta correcta. O "learning by doing" levado á práctica na miña vida diaria.

A segunda frase "El error del neófito es la ventana del erudito" de L. Shulman. É sobre a que mais reflexionei durante a clase. Supoño que é unha reinterpretación do anterior, do "learning by doing" Retomando o meu exemplo de cativos de seis anos dando a clase de Plástica en inglés, podo dicir que esta frase aplícoma a min mesma. Sen ánimo de chamarme erudita (nada máis lonxe da realidade) podo dicir que moitas veces deixo que os nenos se equivoquen intencionadamente, dado que ver os seus erros axúdame a reinterpretar o meu xeito de dar clase, as decisións que tomo, e sobre todo axúdame a decidir o nivel sobre o que debo avaliar.

Quizais os meus exemplos non son os mais axeitados dende o punto de vista do asesoramento, pero é moi difícil desvincularse da experiencia propia e das vivencias do día a día para afrontar os novos coñecementos como unha tábula rasa. Ao mellor é o meu erro, ou a miña falta de entrenamento, pero de momento e mentres non sepa un pouco máis sobre o asesoramento prefiro continuar deste xeito.

Despos do debate sobre estas duas frases, a profesora propuxo unha actividade a realizar en pequenos grupos. Así coñecín á miña compañeira, María Martínez, mestra tamén, de educación infantil, con experiencias propias e necesidades propias. Coas duas vivencias combinadas dímoslle resposta do mellor xeito que entendemos ás preguntas plantexadas. O texto resultante anexoo a esta entrada do blog para o seu análise. 

Actividade con María.doc

Finalmente, como conclusión gustariame remitirvos a un documento de Saturnino de la Torre sobre a importancia dos erros na aprendizaxe non so dos alumnos senón tamén dos profesores. Deste texto extraín o título que da nome a esta entrada do meu blog. Dende a miña experiencia céntrome no punto catro de dito artigo referida precisamente ao que poden aprender os profesores sobre os erros.Tampouco me gustaría pasar por alto a presentación do documento que amosa a vivencia dunha adolescente na aprendizaxe dende os erros.

Aprender de los errores