• Blogs
  • Lidia Vidal Lustres
  • "Educación promoverá la implicación de los padres en la formación de sus hijos a través de...

"Educación promoverá la implicación de los padres en la formación de sus hijos a través de compromisos concretos"

Aquí deixo o enlace para acceder a unh noticia que atopei na rede. Esta noticia foi publicada o día 18 de Novembro de 2013, e chamoume á atención xa que nela se trata un tema que, dende o meu punto de vista e dende a miña experiencia en educación, foi sempre un punto importante e crucial en educación: a participación dos pais na vida escolar dos seus fillos, e a calaboración destes cos profesores e profesoras. Segundo o texto da noticia, preténdese a colaboración dos pais e nais na formación nos seus fillos a través de contratos entre as familias e os centros educativos, nos que se plasmarán compromisos para ambos, co obxectivo da mellora do resultado académico dos estudantes... sendo estes contratos voluntarios. 

Efectivamente, me atopo moi dacordo co que ten que ver coa colaboración entre as familias e a comunidade escolar que se atopa o seu fillo/a, mais, realmente se precisan ditos contratos para que esta colaboración se leve a cabo? Acaso nos demos conta ahora da importancia e necesidade deste tipo de colaboración e da súa impulsación?

Ademais, dende a miña opinión, penso que isto realmente xa debería saír de cada pai/nai antes de que esta medida/opción saíse á luz e lle puidese dar a "idea/opción" a moitos deles de levala a cabo, crendo, ademais, dende o meu punto de vista que antes de  nada é esencial a colaboración entre profesores, profesionais, etc., para poder informar e atender correctamente aos alumnos e alumnas así como aos seus proxenitores, apecto o da colaboración entre profesionais da educación que atopamos aínda deficiente ou inexistente aínda en certas institucións.