Vanessa Valero Iglesias

Me considero una persona simpática, responsable, trabajadora, perseverante, con carácter y muy indecisa.

“TÉCNICA DE LAS TRES P” (Futuras psicopedagogas)

Na pasada sesión do 11 de novembro traballamos a temática do asesoramento curricular a través da técnica das tres preguntas.  A través desta actividade puidemos reflexionar sobre diversas cuestións do currículo e súa relación ca labor do asesor e o docente tratando por unha parte as actuacións do asesor, xunto co profesorado, no ámbito curricular así como os coñecementos necesarios para levar a cabo a súa función dentro da institución educativa.

A todos os membros do grupo chamounos a atención a contradición que suscita a segunda pregunta xa que nun primeiro momento parece ser imprescindible a especialización nos ámbitos cos que se traballa, como é o currículo, sen embargo na realidade non resulta ser indispensable para levar a súa acción á práctica.

Para rematar, queremos destacar que a través de actividades de pequeno grupo puidemos ver os distintos puntos de vista dos compañeiros creando un significado compartido de dita práctica, resaltando a súa vez a gran importancia e utilidade do traballo cooperativo.