María Vázquez de la Iglesia

Son unha persoa alegre, risueña, moi observadora e sempre lle intento buscar o lado bo as cousas, disfrutando dos pequenos momentos da vida!

CLASE MÉRCORES 04 DE DECEMBRO DE 2013 II

Tema da colaboración a través de procesos, estratexias como as adaptacións curriculares, os programas de diversificación curricular ou os programas de cualificación profesional inicial.

Destacar en primeiro lugar o Decreto 229/2011 do 7 de decembro de 2011, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Comezamos co artigo 7 do mesmo decreto que nos di o seguinte:

“No marco deste decreto, enténdese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axusta­da ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e nas concre­cións anuais de dito plan.”

            Pero Lourdes ademais destes dous tipos de medidas incluíunos as preventivas, xa que para ela moitas veces hai que ter a idea de que vale máis previr que curar.

            Dentro das medidas ordinarias que podemos observar no artigo 8 deste decreto falamos da implementación de programas, tendo en conta os aspectos do Plan de Acción Titorial (PAT), Plan de Orientación Académica e Profesional (POAP) e Plan de Apoio do Proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (PAPEA).

            Os erros máis comúns que se dan entorno a estas medidas son os seguintes:

  • Crer que a comunidade educativa coñece como funciona a Orientación.
  • Elaborar programas sen a intervención dos profesores e xefe de estudos.
  • Entregar o PAT aos titores a principio de curso e esquecerse do seu seguimento.
  • Esperar a que demanden a túa axuda.
  • Asumir funcións doutros profesionais do centro.
  • Traballar sen programar atendendo ás demandas espontáneas.
  • Ofuscarse con algúns profesores que non colaboran.
  • Querer atendelo todo ao mesmo tempo.

En canto ás medidas extraordinarias, están recollidas no artigo 9 do Decreto 229/2011, e dentro delas tratamos as Adaptacións Curriculares, os Programas de Diversificación Curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial.

En canto ao emplazamento escolar, é dicir, ao lugar onde se poden levar a cabo estas medidas temos: o centro ordinario, a aula específica, o centro específico e outros posibles.

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

  • Necesítase a aprobación da Inspección Educativa.
  • Son elaboradas polo profesor da área coa colaboración do Departamento de Orientación.
  • Supoñen unha adecuación da Programación de Aula a un alumno en concreto. Son, por tanto, estratexias de individualización didácticas.
  • Adaptan os elementos prescriptivos do currículo, que son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación.

Para levar a cabo unha adaptación curricular é necesario establecer un procedemento, un calendario de reunións, así como asignar as tarefas a cada un dos participantes en función do proceso:

  • 1º: o profesor/a avalía a competencia curricular en cada unha das áreas a adaptar e cumprimenta a folla de derivación que previamente foi elaborada no Departamento de Orientación.
  • 2º: o orientador/a realiza a avaliación psicopedagóxica; valora o contexto da aula, o contexto familiar, as características do alumno/a e determina as necesidades educativas especiais.
  • 3º: o profesor/a xunto co orientador/a seleccionan os obxectivos, contidos e criterios de avaliación en cada unha das áreas a adaptar. É sumamente importante consensuar a metodoloxía que se vai a empregar.
  • 4º: o orientador/a elabora o documento final para, a través da Dirección do Centro, remitilo á Inspección Educativa.

 

PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR.

Só nos deu tempo a ver por riba o asesoramento que realiza o Departamento de Orientación:

  • Elaboración do programa base.
  • Realización da avaliación psicopedagóxica do alumnado.
  • Asesoramento sobre o perfil do alumnado que cursa un Programa de Diversificación Curricular.
  • Asesoramento sobre principios metodolóxicos con este alumnado (funcionalidade das aprendizaxes, coñecementos previos, globalidade, individualización, etc).
  • Asesoramento sobre formas de avaliación superando os exames tradicionais.
  • Oferta de materiais adaptados a estes programas.
  • Afán de que o equipo directivo teña interese nestes programas amosándolle a súa necesidade.