Comentario sobre o proxecto abalar

Na clase de hoxe (sesión do martes 10 de abril de 2012) a profesora Lourdes falou, entre outros temas, do Proxecto Abalar. A pouca información que se pode atopar sobre este proxecto podedes consultala no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/abalar

Sobre este proxecto, do que se falou en relación á retirada dos fondos para o plan escola 2.0, quero dicirvos que moi recentemente saíu publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG do 28 de marzo e 3 de abril) unha serie de procedementos para a adquisición de material necesario para o correcto desenvolvemento deste proxecto como son os ultraportátiles, os encerados dixitais, os armarios para a carga dos ultraportátiles, proxectores e instalación dunha rede wifi.

A suma de todos os procedementos elevase a un total de 5.600.000 €. Pode parecer un gran desembolso por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pero se botamos a vista atrás e nos imos ao curso pasado vemos que a cifra destinada para o proxecto abalar sobe ata pasar os 12 millóns de euros tal e como recolle a seguinte cita:

“En termos orzamentarios, puntualizou, estariamos  a falar de máis de 12 millóns de  euros para este ano académico,  dos que máis do 60% proceden da Xunta” (Revista Código Cero, Nº 87. 2010. pp: 19. Dispoñible en:http://www.codigocero.com/codigoceropapel87.pdf).

Se temos en conta que desdes 12 millóns preto de 10 foron para dotación e equipamento vemo que, dun curso escolar para o outro, a redución está cerca do 50% e isto sen contar a retirada que dende o Ministerio de Educación, Cultura e Deporta (MECD) se fai das correspondentes partidas orzamentarias, nada desprezables tal e como se ven na seguinte cita, para o desenvolvemento do Plan Escola 2.0.

“Tal e como explicou o conselleiro de Educación, o proxecto Abalar integrará os recursos actuais dun xeito “organizado, eficiente e lóxico, aproveitando ademais os recursos que o Ministerio de Educación propón ás Comunidades Autónomas no marco do Proyecto Escuela 2.0, que achega arredor de 4,3 millóns de euros, co fin de acadar o seu obxectivo no menor tempo posible”. http://codigocero.com/O-proxecto-Abalar-convertira-mais (11-04-2012)

Parece que a crise afecta a todo e a educación non vai a ser unha excepción.

Esta retirada de fondos para o desenvolvemento do proxecto abalar cero que mostra moi ben as ideas propostas por A. Hargreaves e D. Fink no seu artigo “Sostenibilidad en el tiempo” publicado en Cuadernos de Pedagogía nº 319 en decembro do ano 2002 onde expoñen que para que os cambios e as innovacións educativas sexan perdurables deben ser sostibles entendendo por sostible non só a dimensión “clásica” de duradeiros no tempo senón tamén que estes cambios e melloras se dispoñan e articulen correctamente no espazo. Segundo estes autores:

“[…]La sostenibilidad del cambio educativo comprende cinco características claves e interrelacionadas. Son las siguientes:

- una mejora que sostenga el aprendizaje, no meros cambios que alteren la escolarización;

- una mejora que perdure.

- una mejora que cuente con el apoyo de unos recursos disponibles o alcanzables

- una mejora que no influya negativamente en el ambiente en torno a otras escuelas y sistemas

- una mejora que promueva la diversidad y la capacidad ecológicas en todo el medio educativo y comunitario.

En otras palabras, la mejora sostenible es una cuestión tanto de geografía social como de historia social.”

Creo que o proxecto abalar, por medio das políticas de recortes que estamos a ver en todos os sectores da sociedade, está perdendo unha das características que eu considero das máis importantes e que é a do apoio, neste caso económico, para que o innovación e o cambio continúe.

Persoalmente, e a pesar de que estou a favor dunha maior presenza das TIC na educación, creo que no caso de Galicia o proxecto abalar “copou” demasiada atención e recursos, chegando neste momento a ser case como algo “obrigatorio” co que os centro deben contar para non ser discriminados nin quedar atrasados con respecto dos demais centros no campo das TIC. Creo que existen outras iniciativas e proxectos nos centros aos que non se lles deu ou non se lles está a dar o apoio necesario para que saian adiante.

Sen ir máis lonxe na entrada que realicei sobre a colaboración incluía un enlace sobre as actividades de formación continua do profesorado fomentadas e apoiadas dende os CFR, en concreto no de A Coruña.

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrcoruna/system/files/RELACION_PFAC_APROBADOS_2011_12.pdf

Considero que non é lóxico dedicar, para a provincia de A coruña, escasos 100.000 € a tres tipos de modalidades de formación permanente do profesorado tan importantes como son os Grupos de Traballo, os Seminarios Permanentes e os Proxectos de Formación e Asesoramento en Centros (PFAC) e gastar a inmensidade de diñeiro que se leva gastado no desenvolvemento do proxecto abalar.

No enlace anterior pode verse que, aínda que a maior parte dos PFAC están relacionados co Proxecto Abalar, existen outros que desenvolven o tema das TIC de formas diferentes e con orzamentos infinitamente inferiores ao destinado para o proxecto abalar.

Penso que ademais o Proxecto Abalar tamén ten detrás certos intereses políticos e que grazas a eses intereses, e pese a perder o financiamento que obtiña do MECD, será un proxecto que sairá para adiante “custe o que custe” posto que é unha das medidas no ámbito educativo polas que o goberno autonómico apostou dende a súa chegada ao poder.

Quero rematar recalcando que para nada estou en contra da integración das TIC nas aulas senón que creo que existen outras iniciativas que se debería ter en conta e tamén existen outras formas de facelo porque, pregunto eu, polo simple feito de dotar aos centros con novas tecnoloxías e “formar” aos docente nelas xa imos acadar a súa integración nas aulas? Non será mellor buscar unha forma de motivar aos docentes para que o sintan (o traballo e formación nas e para as TIC) como unha necesidade propia e non como algo imposto?

 

Enlaces de interese:

Os distintos procedementos para a adquisición de material no marco do Proxecto Abalar:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120403/AnuncioG0164-280312-14104_gl.pdf(DOG 3/4/2012 )

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120328/AnuncioG0164-230312-13886_gl.pdf(DOG 28/3/2012 )

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120328/AnuncioG0164-230312-13885_gl.pdf(DOG 28/3/2012 )

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120328/AnuncioG0164-230312-13884_gl.pdf(DOG 28/3/2012 )

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120328/AnuncioG0164-230312-13882_gl.pdf(DOG 28/3/2012 )

Neste pdf pode verse o presuposto que se investiu no Proxecto Abalar durante o curso 2010-2011 distribuído entre a dotación e equipamento, a mellora das infraestruturas e os servizos na rede e a formación:

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/20101102_rolda_prensa_conselleiro.pdf

Revista Nº 87 de Código Cero publicada no ano 2010:

http://www.codigocero.com/codigoceropapel87.pdf

Utilizado para a cita sobre a cantidade que o MECD achega ás CCAA para o desenvolvemento do plan escuela 2.0:

http://codigocero.com/O-proxecto-Abalar-convertira-mais (11-04-2012)

Andy Hargreaves y Dean Fink (2002): "Sostenibilidad en el tiempo". Cuadernos de Pedagogía nº 319. pp 16-20.

 

DAMIÁN VARELA SÁNCHEZ

10 DE ABRIL DE 2012

ASESORAMENTO CURRICULAR A CENTROS E PROFESORES. 5º PSICOPEDAGOXÍA. USC

Un saúdo.

Espreo que vos parecese interesante.

Comentarios

  • Nerea

    Ola Damian:

    Sen dúbida unha entrada moi interesante. Gustaríame comentarche un detalle que non reflectiches, o mellor porque non o coñeces, e creo que é clave no Proxecto Abalar.

    Para que un centro poda optar as axudas do Proxecto Abalar ten que cumprir unha serie de REQUISITOS TÉCNICOS (Resolución de 15 de abril de 2011, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional y Innovación Educativa, por la que se convoca la selección de nuevos centros adscritos a la Red Abalar para el curso 2011/2012)

    Requisitos técnicos (non explícito todos):

    -El centro deberá contar con una conexión de datos a la red internet (o la Red Corporativa de la Xunta de Galicia en el caso de centros públicos) con una velocidad nominal mínima de bajada de 2 Mbps.

    -Todas las aulas integradas en el proyecto deberán contar con una conexión de datos y eléctrica apropiada, que como mínimo estará compuesta por dos tomas de datos RJ45 y cinco tomas eléctricas.

    -Todas las aulas integradas en el proyecto deberán contar con circuitos de protección eléctrica dedicados debidamente dimensionados (cada circuito dedicado non deberá dar servicio a más de dos aulas).

    A miña dúbida é: ¿non cres que existe unha certa “discriminación” ós centros do rural que non poden acceder a estes requirimentos técnicos? (penso sobre todo no acceso a Internet)

    Tal e como sinalas, os recortes repercuten en que a “innovación e o cambio continúe” xa que, se as escolas non teñen cartos, non poderán acometer as reformas necesarias para acceder a proxectos deste tipo.

    Un saudo

  • Silvia Alvarez Otero

    Bos Días chic@s: 

    Ó igual que Nerea comparto o interese da túa entrada Damián, xa que é un Proxecto que suscita moito interese e que aínda que coñecía algo sobre el non chegara a profundizar tanto coma vós, por ese motivo agradezovos a información. 

    Estou de acordo en que a cantidade de diñeiro destinada a dotar aos centros que cumpran os requisitos para a dotación que implica o Proxecto Abalar resulta excesiva e máis aínda cando a dotación de recursos non implica o seu adecuado xestionamento e aprobeitamento. Estou de acordo con Nerea en que existen centros que quedan en desvantaxe ante esta dotación dado que ó non cumprir os requisitos non poderán beneficiarse.

    Non sería apropiado empregar parte dese investimento económico do Proxecto Abalar en dotar ós centros educativos rurais, por exemplo, de avances como o acceso a internet, entre outros, para que poidan achegarse ó estatus de información e innovación de outros centros educativos?

    Xa que si os requisitos para ser perceptores das axudas do Proxecto Abalar exclúen ós centros menos dotados e favorecen ós centros que mellor adaptados ó cambio están, incrementarase esta diferenza e os menos dotados de recursos e de accesos seguirán sendoo cada vez máis, e á inversa cos máis dotados. Deste modo séguense perpetuando as diferenzas de "estatus" e a desigualdade entre centros e as consecuencias nos seus alumn@s, ó meu parecer. 

    Por outra banda, dende o meu humilde coñecemento e aludindo á pregunta de Damián, considero que sería necesario, unha vez se achegue ós menos adaptados ó cambio, tamén se avogue por dotar e invertir na formación e na adaptación ó cambio que o Proxecto Abalar supón de maneira equiparada. Refírome a "equiparada" no sentido de que estamos ante un proxecto que quizáis prime o dotamento de recusos e materias técnicos en menor medida que os procesos de formación e adaptación a este dotamento para o seu mellor aprobeitamento, como vimos no orzamento para a formación do profesorado que adxunta Damián. Pois o feito de dotar de materiais técnicos a un centro non implica o seu apropiado rendemento e a mellora da calidade da educación.

    Preguntome si o persoal docente dos centros que están sendo perceptores de esta iniciativa posúen as ferramentas apropiadas para sacarlle o mellor partido a estes recusos, e de non ser así, non sería mellor invertir máis en formación aínda que se tivese menos dotamento técnico e saber aprobeitalo de maneira máis efectiva na práctica diaria?

    Un saúdo. Silvia

  • Damián Varela Sánchez

    Hola rapazas.

    Grazas polos vosos comentarios. En canto ao que comenta Nerea quero dicir que non coñecía que os centros debesen cumprir determinados requisitos técnicos. Estou de acordo coa idea que nos expós sobre a discriminación que poden sufrir os centros do rural respecto dos centros situados na cidade en canto ao acceso á internet e polo tanto na súa posible participación no proxecto abalar.

    Sobre esta cuestión creo que se están a realizar avances significativos no acceso á rede xa que, aínda non hai moito tempo, non era factible poder acceder a internet con alta velocidade no rural mentres que nas cidades era algo común.

    Un saúdo e grazas polas vosas achegas.