¿Que aprendín durante o Prácticum II de Psicopedagoxía?

Recén rematado o Prácticum II da Licenciatura de Psicopedagoxía e despois de estar durante 15 días no Departamento de Orientación dun C.E.I.P., concretamente no C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Ordes, fun quen de afondar en algunha que outra cuestión que traballamos na materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, como son as Medidas de Atención a Diversidade, as ACIs, os Programas de Diversificación Curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial. Polo tanto, os arquivos recentemente subidos á rede que levantan por título ¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre as Medidas de Atención á Diversidade?, que tedes no enlace http://stellae.usc.es/red/file/view/56101/que-aprendn-durante-o-prcticum-ii-sobre-as-medidas-de-atencin-diversidade, ¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre as ACIs?, que aparece no enlace http://stellae.usc.es/red/file/view/56205/que-aprendn-durante-o-prcticum-ii-sobre-as-acis e, ¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre os PDC e os PCPI?, que podedes ver no enlace http://stellae.usc.es/red/file/view/56155/que-aprendn-durante-o-prcticum-ii-sobre-os-pdc-e-os-pcpi , son unha ampliación do xa comentado no arquivo anteriormente subido á presente rede social que leva por título Estudo de Casos, ACIs e Programas de Diversificación Curricular correspondente ao enlace http://stellae.usc.es/red/file/view/49998/indagando-sobreo-estudo-de-casos-de-echeita-e-rodrguez-as-acis-e-os-programas-de-diversificacin-curricular coa finalidade de complementar os meus coñecementos sobre o tema ao pé do vivido durante escasos días como asesora educativa.

Cabe dicir que, a miña intención era adxuntar, no arquivo ¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre as ACIs?, o exemplo da ACI completa cos obxectivos, contidos e criterios de avaliación correspondentes a cada áreas adaptadas pero, por problema técnicos de capacidade foime imposible cargar o arquivo completo, só podendo introducir a estrutura da ACI.