O meu primeiro día como Orientadora nun centro Educativo

Xa fai tempo, nunha das sesións teórico-prácticas da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, a mestra Lourdes Montero, a cal nos imparte a docencia desta materia, propúxonos como reto que pensásemos como sería o noso primeiro día como asesores/as, como xefes dun Departamento de Orientación dun colexio ou instituto. Así, despois de tomarme varios días para pensalo, considero que estou preparada para poder dicir como me imaxino que será ese día.

Seguramente, o primeiro día que me incorpore a un centro educativo estarei asustada, igual ou, posiblemente máis, que cando me incorporei ao mesmo para desenvolver o prácticum I e II da Diplomatura de Maxisterio e o prácticum I e II da Licenciatura de Psicopedagoxía porque, sen dúbida, non será o mesmo. Non haberá quen me presente ao resto dos compañeiros de centro, terei que presentarme persoalmente independentemente de que me vexan con bos ollos ou non e,  non terei quen me explique e quen me axude a facer as cousas, terei que facelas soa e, non saberei nunca se as estou a facer ben porque, seguramente haxa variedade de opinións. Non obstante, aínda que esté asustada, intentarei que non se me note, que os demais vexan que son unha persoa forte, con capacidade de desenvolver todo o que se lle poña por diante, independentemente de que me custe máis ou menos esforzo pero, do que estou segura, é de que non quedarei sen intentalo.

A miña expectativa non será a de obrigar a ninguén a traballar comigo, pois é probable que se o fago o traballo saía mal. Pero, o que si vou facer é, abrirlle as portas a todo aquel ou aquela que queira a miña colaboración, pois eu non son ningunha “solucionadora de problemas” posto que non dispoño de ningunha  variña máxica que faga desaparecer estes, senón unha persoa con recursos que pode ser quen de proporcionar axuda e asesoramento, independentemente da miña curta idade e da miña inexperiencia previa, cando se me sexa solicitada, co fin de traballar conxuntamente con esa persoa que a solicita para acadar bos resultados. Intentarei non estar encerrada no interior de 4 catro paredes, vendo como se moven as agullas dun reloxo que nunca se detén e, procurarei estar preto do profesorado, levar a cabo traballos que requiran da participación e do traballo colaborativo dos mestres /as, acudir as aulas a ver as dinámicas de traballo para ver se lles poido aportar algunha idea que faga que mellore a dinámica xeral da clase ou simplemente que mellore algún aspecto puntual, facer algún tipo de observación e/ou avaliación de algún alumno/a que o precise..., e dicir, facer todo aquel traballo de campo que como bos asesores debemos facer pero sempre, de maneira conxunta. Ao principio terei que traballar mais duro e afondo pois, a inexperiencia que vou traer as costas é moita pero, iso non quere dicir que non vai ser quen de facelo ben, porque en verdade facendo é como se aprende polo que, o único que espero, é que grupo de compañeiros cos que traballe me tendan a man, me comprendan, pensen na súa primeira vez e, traballen comigo, pois eu dende logo, tentarei estar motivada con respecto a todo o que faga e procurarei poñerme ao día sexa como sexa, pois iso é unha das cousas que debe ser importante na vida dunha boa asesora, a formación, información e actualización.

Procurarei facerme ver, non de xeito intencionado, senón participando, colaborando... co fin de irme gañando a confianza dos meus compañeiros/as pois creo que, se eu colaboro con eles e ven que me involucro nas súas actividades, tarefas, proxectos, etc., eles acabarán colaborando e participando comigo, pois non serei unha persoa diferente a eles, senón unha máis da centro a que non teñen nada que envexar. Non obstante, está claro que isto non será unha tarefa fácil e rápida, pois haberá persoas que estean de acordo cos meus modos de traballar e facer e, outras que non pero eu, en  tódolos casos, plantexareime o fin último de non facer dano nin as persoas que están preto de min nin, a min mesma pois, estou concienciada de que, como en tódolos lugares, traballos, grupos...unha non lle cae ben ou non é santo de devoción de tódalas persoas que o rodean pero, iso non quita que no fondo trate de acercarme a eles para poder cambiar esa opinión e poder conseguir colaborar con eles, independentemente de que, para conseguilo, teña que lidiar, ás veces, con cousas que, como psicopedagoga non me corresponda pero, todo sexa por facerme un oco nas aulas e nos corazóns dos mestres, das familias, dos alumnos.... Este cambio que pretendo levar a cabo non debe ser rápido, senón que pola contra debe ser un cambio gradual onde, a través da igualdade e do non autoritarismo chegue aos mestres co fin de construír xuntos unha comunidade de aprendizaxe de calidade, pois é esencial para os futuros cidadáns que estamos a formar, día a día, nas aulas.