Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

BENESTAR E MALESTAR DOCENTE

Lucía Reges Fernández.

Dedicamos varias clases a falar do benestar e malestar docente, para abordar este tema dividimos a clase en dous grupos, un deles debería de argumentar o porque do malestar docente e o outro grupo as razóns para o benestar. Loxicamente, igual que pasou na nosa aula, o conxunto de docentes posúe diferentes opinións acerca deste tema.

Cando se falaba de benestar, os argumentos máis sinalados son: un bo salario, moitas vacacións e fins de semana dispoñibles, ter a sorte de ter un horario establecido… E os argumentos para o malestar foron: os cambios que se están a producir polos recortes en educación (aumento do número de ratio (número de alumnos por profesor), diminución de presuposto para recursos materiais e humanos…), desprestixio da profesión docente, aumento do traballo burocrático por parte dos docentes, etc.

Despois de este debate na aula, a miña reflexión é que os recortes que se están a levar a cabo por parte do estado á educación é un punto moi importante para o malestar docente e que afecta de forma negativa á educación pública. Xa que haberá máis alumnos por profesor, o que dificulta a atención individualizada, que ao mesmo tempo todos falamos da súa importancia, xa que sen ela non se dará a solución e o tratamento axeitado a posibles dificultades de aprendizaxe e problemas persoais do alumnado. O que creará un gran descontento á sociedade. Se o profesor é un profesor con un gran compromiso, isto afectará moito xa que terá que necesitará moito máis esforzo e traballo para lograr unha atención individualizada e será remunerado co mesmo salario que cando o esforzo era menor, polo que sentirá que a súa labor non está valorada.

Os recortes tamén inflúen no presuposto para recursos materiais, tan necesarios en esta época tecnolóxica na que vivimos, xa que os alumnos mostran unha gran desmotivación para traballar de forma tradicional. As TIC son moi eficaces para lograr que o alumnado se mostre motivado e prestando atención. Agora máis que nunca o profesorado ten que poñer en marcha toda a súa creatividade para realizar actividades que motiven o interés do alumnado cos mínimos recursos.

A isto debemos de engadir o aumento de horas de traballo dos docentes, polo que todos estos argumentos están facendo que o profesorado sexa un profesional desmotivado e se sinta pouco valorado, xa que moitas son as persoas que din “os profesores cobran un salario moi alto para o traballo que fan”, “os profesores quéixanse por vicio, xa que non traballan nada”, etc. A toda esta xente aconsellaríalles pasar só un mes nun centro educativo, quizais cambiarían de opinión.

Ademais, estase producindo un desprestixio por parte das familias, xa que lles fan culpables de que os alumnos non aprendan, non estean motivados, as familias normalmente dan a razón aos alumnos dos problemas escolares, e así, os alumnos cambiaron a forma na que se trataban aos profesores. Antes eran respectados polo alumnado, agora, en moitos casos son insultados e pouco respectados por eles. Xa que se os alumnos escoitan esas opinións ás súas familias, eles fanas chegar á aula. Polo que o profesorado perdeu toda autoridade ante alumnos e as familias dos mesmos.

Todo isto fixo surxir os conceptos de estrés e burnout dos profesores. Que se deberían combatir, facendo ver aos profesores que non todo é malo, que existen aspectos moi agradables nesta profesión como por exemplo posuír un horario de traballo establecido, longos e varios períodos vacacionais, que che permite facer plans a nivel persoal, a gratitude de ver como axuda a aprender, a seguridade dun salario mensual fixo, a sorte de traballar en unhas instalacións normalmente agradables, e un bo ambiente laboral, polas relacións sociais que se establecen, e agora máis que nunca, xa que polos recortes, os profesores deben de unirse por unha mesma loita e compartir ideas, materiais, etc.

Con relación a isto, puiden ler un artigo publicado REICE - Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación 2007, Vol. 5, No. 5 , con autoría de Rodrigo Cornejo Chávez y Marcela Quiñónez.  Este artigo trata sobre a relación que existe entre condicións de traballo e saúde laboral e que resumo brevemente a continuación.

O estrés foi definido como “unha reacción involuntaria e xeralizada do organismo humano para enfrontar situacións vitais ameazantes. Esta reacción baséase na actividade do sistema nervioso autónomo simpático e maniféstase, polo tanto, nunha serie de cambios fisiolóxicos, hormonais, circulatorios, cardíacos e musculares, os cales desencadean procesos cognitivos e afectivos perxudiciais para a persoa”.

Está documentada a influencia do estrés laboral sobre enfermidades cardiovasculares, accidentes no traballo, trastornos psicolóxicos e trastornos musculoesqueléticos. Según Seyle, “a reacción adaptativa natural do estrés, preséntase de maneira involuntaria no mundo do traballo, con unha intensidade e frecuencia non xustificada fronde a estímulos que non implican unha ameaza vital para as persoas”. Algúns autores suxiren utilizar o concepto de distrés para identificar esta reacción de estrés en ausencia de estímulos vitais ameazantes.

As causas principais do distrés (chamamos distrés ao estrés sen causa aparente) poden ser os aspectos organizacionais do emprego, variables de apoio social e actitudes individuais.

Nos anos 70, Freudenberger, propón o concepto de burnout, como un “síndrome de carácter psicolóxico, descrito, para profesionais que traballan en relacións de axuda cara outras persoas”. No galego podemos traducilo como “estar queimado”, pero ante a falta dun termo parecido nas nosas linguas  -galego ou español-, é aconsellado utilizar o termo orixinal.

Que relación existe entre estrés e burnout? Ben, as relacións entre estrés e burnout son complexas e existe un consenso por parte dos investigadores. Ao respecto, Maslach suxire diferenciar claramente ambos conceptos, pois di que “O burnout é máis ben un patrón psicolóxico de resposta, unha vivencia subxectiva de malestar, que ten aos factores laborais e organizativos como condicionantes e antecedentes, e que ten implicacións nocivas para a organización e/ou para a persoa, pero que non implica necesariamente un trastorno de saúde mental”.

Ademais do dito, o burnout foi definido como un síndrome psicolóxico, que ocorre en profesionais que traballan en relacións de axuda cara outras persoas. O modelo de burnout máis empregado nos estudos sobre profesores, é o modelo trifactorial de Maslach, que describe tres tipos de síntomas: o agotamento emocional, a “despersonalización” e a sensación de baixo logro profesional.

-          O agotamento emocional está altamente asociado á resposta de estrés.

-          A despersonalización, tamén chamada “cinismo” o distanciamento emocional non está descrita na literatura sobre estrés e, se ben é moi perxudicial para os procesos de ensinanza, pode operar como un mecanismo de defensa e “protección” fronte á frustración no traballo.

-          A sensación de falta de logro é cuestionada nalgunhas investigacións sobre burnout docente e parece estar relacionada coa falta de recursos para realizar o traballo.

É importante comentar que diversas investigacións argumentan que o xénero condicionaría distintas perspectivas para valorar a satisfacción e o malestar docente, ainda que a evidencia non é comcluínte. Deste modo, as mulleres presentarían unha maior tendencia cara o agotamento emocional a diferenza dos homes, cuxa tendencia sería cara a despersoalización. Por outra banda, tamén cabe engadir que os profesores máis novos, os máis vellos e os que se desempeñan nos niveis educativos superiores da educación obrigatoria vivenciarían maiores niveis de estrés e burnout.