Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Diario de clase

Na sesión de clase anterior á Semana Santa, a profesora estivo mostrando unha serie de apuntamentos con respecto as dúas preguntas anteriores. Con respecto a isto, destacaría a importancia de coñecer a lexislación e non entender o curriculum como unicamente un documento senón como unha concurrencia de prácticas e valorando todos os tipos que existen: oficial, nulo e oculto xa que todos eles son esenciais para entender o funcionamento dun centro educativo, pois se nos centramos meramente no oficial non entenderíamos cal é o clima real da escola, a existencia ou non de colaboración, os principios morais que se defenden,...

A continuación, explicouse o procedemento e as distintas reelaboracións do curriculum e que se refiren a: curriculum prescrito, curriculum presentado aos profesores, curriculum moldeado polos profesores, curriculum na acción e curriculum avaliado, así como se dou unha breve explicación: o curriculum prescrito que se presenta é retomado e presentado aos profesores co fin de facilitarlle as cousas a través das editoriais. A continuación, estes profesionais adecúan o curriculum grazas a autonomía curricular ao marco e ao contexto no que se atopa xa que senón non atenderían as necesidades, intereses tanto do alumnado como do contorno no que se atopan polo que non sería efectivo. A continuación, ponse en práctica na aula aínda que se pode facer de dúas maneiras diferentes: tal e como se plantexou na teoría ou atendendo ao transcorrer das clases, o que sería a opción máis correcta xa que por elo é polo que o curriculum é flexible e aberto. Ao final, o curriculum valioso é o avaliado.

Logo, faláronse das medidas de atención á diversidade, as cales se poden diferenciar en preventivas (aquelas que se realizan antes de que apareza o problema), ordinarias (medidas que non alteran os elementos prescriptivos) e extraordinarias como son as ACIs e os programas de iniciación profesional.

Por último, douse resposta a terceira das preguntas: “¿Como poden asesorar curricularmente quen non son especialistas nun ámbito disciplinar?” explicando que aínda que o asesor non é un especialista nun campo de coñecemento determinado, si pode axudar ao profesorado que presente dúbidas ou necesite axuda xa que ten ferramentas suficientes a empregar de forma colaborativa, é dicir, non fai falta que teña grandes coñecementos e específicos de cada unha das materias debido a que sabe como empregar e onde atopar os recursos necesarios para axudar.

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    As respostas exploradas esixen máis profundización. Suxiro que si algunha día fas do asesoramento curricular a túa actividade laboral, rexistres día a día aquelas situacións definidas como tales e fagas unha pequena descripción de en que consiste a natureza da axuda. Se xuntáramos todos os rexistros poderíamos contrastar e teorizar sobre uns significados que quedaron, na miña opinión, un pouco escasos.

    Saúdos

    Lourdes