Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

DETERIORO DA EDUCACIÓN PÚBLICA.

Lucía Reges Fernández.

A educación pública esta sufrindo un gran deterioro debido, entre outras razóns aos recortes en educación que está levando a cabo o goberno. Buscando na web acerca de este tema atopei na páxina http://www.europapress.es/andalucia/educación-00651/noticia-padres-alertan-grave-deterioro-educación-pública-supondrán-medidas-subida-ratios-20120426143327.html un artigo da Confederación Andaluza de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado pola Escola Pública.

Neste artigo recollíase o seguinte:

A Confederación Andaluza de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado pola Escuela Pública (Codapa) advirteu  do “grave deterioro que vai a supoñer” para a educación pública as últimas medidas tomadas polo Goberno nesta materia” como o aumento da ratio do alumnado por clase ou a supresión dos programas educativos destinados a alumnos que presentan necesidades educativas específicas.

Esta Confederación, que considera que as familias non poden renunciar a “aquelo polo que se leva máis de 30 anos loitando”, tachou de “paso cara atrás” o aumento das ratios porque, ademais de “empeorar” as condicións nas que os docentes ensinan aos rapaces, “inevitablemente repercutirá nos resultados académicos”.

“Somos muchos los padres y madres y demasiado el tiempo que se lleva trabajando por conseguir una educación cada vez más personalizada, en la que los alumnos gocen de igualdad de oportunidades y una mayor cohesión social.

Na súa opinión, é necesario o mantemento dos programas destinados aos alumnos que presentan necesidades educativas específicas.

Por elo, Codapa, pide ás Administracións públicas que fagan “una apuesta decidida por la escuela pública” porque, según exemplificou, “no hay más que mirar los informes de la OCDE para darse cuenta de cómo en Francia, Alemania, Finlandia, Suecia o Dinamarca, que son países que se suelen citar tanto por el número de habitantes como por la notoriedad de sus éxitos escolares, gozan de sistemas educativos vertebrados por la escuela pública”.

Igualmente, a Confederación cree “importantísimo seguir adelante en materias como la incorporación de las TIC en nuestro sistema educativo para que sean herramientas básicas y habituales de la actividad educativa, el fomento de los idiomas y otro tipo de conocimientos necesarios para los tiempos que corren como, por ejemplo, la educación en valores (paz, respeto, solidaridad, justicia social), entre otros”.

Nesta mesma liña, pide “preservar y extender logros tan significativos como la gratuidad de libros de texto y demás materiales curriculares durante la enseñanza obligatoria, las aulas matinales, comedores escolares, transporte escolar y actividades extraescolares o el sistema de becas”, así como a participación e colaboración  das familias e o apoio institucional das Ampas.

A miña opinión a cerca da educación pública acércase moito a este artigo, considero que os recortes están producindo que se estea a producir unha baixada no nivel de calidade da ensinanza pública, xa que a falta de recursos materiais e humanos supón un problema para levar a cabo a educación da forma que se debe de levar na sociedade actual.

Vivimos nunha sociedade da telecomunicación, os rapaces viven rodeados de aparellos informáticos, polo que a escola debería de utilizar as TIC como recurso indispensable, xa que a escola ten que vivir compenetrada coa sociedade e non pode anclarse na metodoloxía do pasado, porque a motivación do alumnado é básica para o rendemento e esa motivación conséguese utilizando técnicas e instrumentos de traballo que causen interese ao alumnado.

Outro punto importante, como comentaba o artigo, é a subida da ratio. É importante ter en conta a gran necesidade da atención individualizada como un dos principios da educación de calidade. Esta atención non é posible con un número de alumnos tan elevado por aula. Sen unha atención individualizada non se satisfacen as expectativas da sociedade postas na escola, algo que crea un descontento social.