Sociedade do Coñemento e Sociedade da Información

O último día de clase estivemos repasando unha serie de conceptos; na miña última entrada falei da “competencia dixital”,un concepto que me chamou a atención. Hoxe, vou falar da “sociedade do coñecemento e da sociedade da información”, xa que durante a clase falouse de que eran dous temas que a miúdo se confundían. Para poder chegar as distintas conclusións busquei pola rede información que  me axudase a entender máis estes dous conceptos.

O concepto Sociedade da Información fai referencia á relación e os mecanismo para a produción, o tratamento e a distribución da información. Mentres que a sociedade do coñecemento refírese a apropiación crítica e selectiva da información protagonizada polos cidadáns que saben como aproveitar a información.

Considero que hoxe en día, na nosa sociedade a información  é un elemento accesible para a gran maioría da poboación e pouco a pouco vaise transformando nun ben de consumo, xa que a calidade e a velocidade da información estase convertendo nunha demanda por parte dos que a consumimos e un “negocio” para os que a proveen. 

Moitas veces pensamos que por ser posuidores de información xa estamos adquirindo obtendo unha serie de coñecementos e non nos damos conta de que simplemente o coñecemento se base nesta información que adquirimos, pero que ela por si soa non produce coñecemento.

Nunha das páxinas que consultei, aparecían dúas características da Sociedade do Coñecemento, onde quedan plasmadas a diferencia entre información e coñecemento; a primeira, é a conversión do coñecemento en factor crítico para o desenvolvemento produtivo e social. E a segunda, o fortalecemento dos procesos de aprendizaxe social como medio para asegurar a apropiación social do coñecemento e a súa transformación en resultados útiles, onde a educación xoga un papel central.