Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Análise das clases do 10 e 11 de abril

Nesta volta das vacacións de Semana Santa a profesora Lourdes comezou con un pequeno feedback sobre o noso traballo na rede social. Comezou por explicar a importancia da evaluación formativa, na que se observa unha evolución, a interacción, a reflexión e a aprendizaxe. Valorou a importancia de escribir, redactar, como un acto de demostrarse a sí mesmo e aos demáis, como oportunidade para comunicar. Informou tamén de que non tivo en conta a estructura, as páxinas fillas, á hora de facer a súa valoración, dado que esa parte do noso traballo inda vai comezar agora. Houbo moitas felicitacións, pero tamén salientou algúns puntos sobre os que debemos mellorar:

- Cando escribamos un texto nun documento hai que situalo con datas, nomes e contextos. Debemos utilizar as rederencias correctamente. Foi neste punto no que se fixo un inciso sobre a importancia das tecnoloxías, o proxecto ABALAR e os recortes que se levan a cabo en educación; que posteriormente derivou nun debate.

- No tocante aos contextos, díxonos que deberiamos de ter en conta as situacións nas que se elaboraron os docmentos, colocandoos no seu nivel e adaptándoos aos novos tempos e situacións.  Ademáis, como psicopedagogos asesores debemos seguir as novas versións de ditas leis, estar actualizados.

- Aconsellounos seguir as normas axeitadas á hora de citar documentos normativos, tanto no punto de citar o nome completo de leis, medios de difusión e decretos, como nas datas de publicación. 

-Finalmente pediu que fixesemos análises críticos das fontes e documentos que subimos ou citamos. Que non nos limitasemos a subir arquivos dun ou doutro tipo e que elavorasemos un diario, tomasemos notas de campo...

A continuación, a profesora retomou o debate que xurdira e plantexounos unha pregunta: ¿Cómo afectan os recortes ao profesorado? Para poñerlle resposta, debemos pescudar diferentes miradas sobre o profesorado e sobre como lles afectan esos recortes. Podemos incluso buscar opinións que tentan ser obxectivas, como os informes sobre o profesorado (TALIS)

Para levar a cabo o debate, a profesora dividou a clase en dous bandos. O sector dereito está encargado de buscar razóns para o malestar do profesorado  mentres que o sector esquerdo debía de buscar razóns para o benestar do profesorado. 

Debemos comezar por definir a situación de malestar. Eu estaba sentada no bando dereito, polo tanto estaba encargada de buscar razóns para o malestar, que detallarei no meu blog persoal.

Na segunda sesión da semana, a profesora comeza por repartir as funcións. Christelle actúa como moderadora, Patricia e Cristina actuarán como observadoras dos bandos do malestar e do benestar respectivamente, mentres que Lourdes actuará como observadora neutral e eu tomarei nota dos intercambios.

Comeza o debate  unha compañeira do bando do malestar exponhendo unha serie de factores que ao seu parecer son os que provocan o malestar docente. Despois desta intervención outra compañeira do bando esquerdo comenta que habería que ter en conta o outro punto de vista, o de que é un posto laboral fixo, que é certo que se lles reduciu o soldo, pero que tal e como están as cousas hoxe en día, seguen a ser dos mellor situados económicamente. 

Despois desta presentación por parte de ambos bandos, comeza o debate en sí. Para facilitar a redacción e a lectura dos intercambios que puiden recoller, utilizarei diferentes tipografías: cursiva para as intervencións do bando do malestar e negrita para as intervencións do bando do benestar.

-As medidas tomadas para paliar a crise no ámbito educativo, reducen a satisfacción docente, co cal baixa a calidade e queimase ao profesorado (burn out).

- As vacacións do profesorado seguen sen ser reducidas, sendo o grupo laboral con máis vacacións. Continúa a ser un traballo que xera satisfacción.

- Teñen un horario estricto, que se cumple a rajatabla, non teñen que estar horas de máis no centro educativo.

-O docente ten a obligación de motivar.

- As medidas sí afectan á motivación, xa que baixa a valoración social do profesorado, o cal afecta na formación dese profesorado, que non está preparado para motivar aos alumnos.

- Agora existe un apoio moito maior por parte da sociedade. Ademáis, os recortes económicos non afectan á motivación dos alumnos.

-Hai moitas cousas que se deberían recortar antes de atacar aos piares básicos, que son a educación e a sanidade. 

- Se fose un recorte sen fundamentos tería sentido non tocar á educación, pero na situación que estamos, todos os estamentos teñen que facer sacrificios.

- Non se valora ao profesorado nin a súa formación, Maxisterio considerase unha carreira "fácil".

Esa concepción xa cambiou.

- En Infantil e Primaria é mais fácil ser creativo dese xeito, pero en Secundaria é moito máis difícil elaborar os teus propios materiais.

Hai que saber optimizar os recursos.

- Ademais, por moitos recursos dos que se dispoña se o profesor non os sabe utilizar, non sirven para nada. 

- Ás veces hai que sacrificarse, e saber dar gracias polo que se ten.

Nós tamén temos dereito a protestar, ¿ou temos que quedar calados porque teñamos traballo, inda que estén ignorando os nosos dereitos?

- O problema non é tanto ecónomico-material, senón que os recortes supoñen unha subida da ratio de alumnos por clase, que se contratan menos profesores de apoio...

-Tamén hai que saber mirar o lado positivo, nesta situación en que se escasea en todo, os profesores pídense máis axuda entre eles, coordinanse mellor.

- Innovación, creatividade e colaboración debería haber sempre, con ou sen crise. A orixe do malestar é que nos acusan de ter o traballo máis estable de todos, cando é dos que máis se tambalea polo tema económico. Poñen en dúbida a necesidade duns dereitos que son básicos para manter unha calidade. Se queren que os profesores se limiten a ter aos nenos "recollidiños" mentres os pais traballen, van polo bo camiño  con tanto recorte, pero entón que non o chamen educación, entón as escolas serán so garderías. 

-En resposta a que se colabora mellor, é que iso é exactamente ao revés. Cando os profesores se ven máis presionados, habitualmente péchanse máis, non teñen tempo para reunirse, para buscar información, para organizarse e procurar unha formación. 

-Iso pode ser certo nalgúns casos, pero normalmente depende do profesor. Se o profesor é bo, se busca axuda e colabora pode atender igual a 20, 30 ou 40.

- É imposible ofrecer a mesma atención personalizada, individualizada a 20 que a 40 alumnos, por moi bo profesor que sexas e por moi ben que te coordines.

- Non todos os profesores se toman a molestia de organizarse, colaborar, traballar na casa, de feito, moitos dos que o fan, fanno obligados, e así é imposible que haxa unha calidade. Fanno porque o teñen que facer.

- A idea de "ter que facer algo" xa de por si xera malestar, porque elimina a vontade de querer facer o mellor posible, pasando a ser unha carga máis. Non nos podemos comparar con outros sectores nos que hai outras responsabilidades e tarefas.

- O ben ou malestar xorden da comparación cos demáis.


Para finalizar o debate, Lourdes expuso a súa visión sobre este último tema tocado. A súa conclusión é que o mandato moral, o "ter que" é unha obligación autoimposta ao escoller o traballo da docencia, escollemos unha responsabilidade. Todas as crises poden convertirse nunha oportunidade para mellorar, depende de cómo as afrontes. Sobre iso trata o termo de "resiliencia" que é a capacidade de medrar ante as adversidades, de facerse máis forte. Por outra banda, a profesora tamén comentou que a profesión docente sempre estivo en crise, e sempre estivo baixo o peso de todos os seus tópicos.

Rematou a clase, falando da riqueza que supoñen as nosas aportacións, todas diferentes, e pediunos como "deberes" que todos subamos á rede algún documento sobre o ben ou malestar docente.

Imaxes do debate

O bando do benestar e a moderadora

O bando do benestar e a moderadora

O bando do malestar

O bando do malestar

Comentarios

  • Irene Agrelo Janza

    Non tiña moi claro onde debiamos publicar a nosa aportación da rede sobre o mal ou benestar docente, de xeito que decidín poñelo como comentario na miña propia entrada. A pesar de que eu pertencía ao bando do malestar, gustaríame facer unha pequena aportación ao benestar, porque estou de acordo cun dos argumentos que se deron no bando do benestar: nunca a función docente contou con tantos apoios sociais. Non quero dicir con isto que xa non haxa nada que facer, que estemos marabillosamente ben e xa non debamos loitar por nada. Ao contrario, queda moito polo que loitar, e moito mérito o que queda por recoñecer. Pero ás veces é bo que miremos arredor e vexamos cousas como esta : http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=l8WKbDf6y64 onde podemos apreciar que realmente somos máis admirados e queridos do que ás veces pensamos.

    "Thanks to my English teacher, for opening the borders of my life" 

  • Lourdes Montero

    Irene, un video emocionante y un oficio de cronista muy digno.

    Seguimos

    Ánimo

    Lourdes

  • Vane

    Encantame o video, a verdad e que anima a seguir a diante, e como xa dixen, a sentirse orgullosos/as da profesión tan bonita que é a de educar e ensinar.

  • Noelia Fraga González

    Estou de acordo con Lourdes e Vanesa en canto ás calificacións que lle atribúen ao vídeo. Penso que se moitos docentes se fixaran en mostras de apoio como as expresadas, poderían pasar do malestar que os leva en ocasións a abandonar a profesión e coller forzas para continuar desenvolvendo a súa labor. Ademais, estes alegatos a favor da escola pública deberían terse en conta para non facer tantos recortes económico á lixeira, sen medir as consecuencias que iso pode acarrear para tantas persoas usuarias e defensoras da mesma e, en último termo, para a educación de toda a poboación.

  • ::

    UN MAGNIFICO VIDEO!!! tal y como dice Vanesa.. esto ayuda a subir los animos!!!

    te lo robo, para compartirlo en facebook ;)

  • Mónica Rial Enjo

    Hola Irene, 

    Al ver tu vídeo me doy cuenta de que trata de poner de relieve y hacer énfasis en aspectos clave relacionados con la figura del docente, que en uno de los post-it del día del debate estaba clarísimo, que una de las razones por la que debe existir el sentimiento de bienestar docente es porque son personas que forman parte de la construccion de la realidad y de la vida de otras personas, y que como tal, son parte ineludible de esa construcción. 

    A raiz del debate de malestar/bienestar docente se plantean muchos otros interrogantes, que yo creo que son igual de interesantes, como es por ejemplo preguntarse acerca de qué hay de cierto y qué de falso en la atribución de vocación a la figura del docente? todos aquellos que se dedican a la docencia tienen vocación de dcente? está bien visto o socialmente aceptado que el docente hable de dinero?.Estas y otras cuestiones, que se convierten en estereotipos hacen  que sea más dificil hablar con claridad sobre una situación que cada vez es más compleja, y que como tal necesita de soluciones que a día de hoy parece que no hay.

    Un saludo y gracias por poner una sonrisa en la cara de cada uno que ve el vídeo.

    Mónica Rial.

  • Noelia Oliveira Porto

    ENORABUENA Irene por este maravilloso video, como bien dicen mis compañeras, "a mi me también me ha hecho sonreir". Cuando se planteó el debate, ante la previa preparación que cada uno de nosostros debíamos hacer en nuestras casas, yo simplemente fuí capaz de extraer aspectos negativos, pero todo este trabajo realizado tanto en clase como por mi propia cuenta (y sobretodo con vuestra ayuda), he podido apreciar que no todo es negativo, hay muchas cosas positivas por las cuales el profesorado se debe sentir satisfecho, este homenaje que se hace a través del video es un claro ejemplo de ello.

    Un saludo y muchas muchas gracias...

    Noelia

  • Daniel Blanco Carpente

    Habitualmente cuando hablamos de algo nos ponemos en una visión particular, por lo que creo que es interesante ver las dos perspectivas aunadas. Evidentemente, los docentes tenemos razones para el malestar (dinero, consideración social, agotamiento físico y mental, etc), pero no hay que dejar de lado el bienestar. Quería hacer una pequeña reflexión sobre la vocación y la elección de la carrera profesional.

    Cuando elegimos nuestra carrera, ¿solo pensamos en sus aspectos positivos? o por el contrario, ¿pensamos en los negativos también? Por diferentes visiones de compañeros mios de clase de magisterio, he podido ver como las vacaciones, el sueldo y trabajo fijo...eran lo más comentado, pero casi nadie hablaba de la dificultad de atender a la diversidad o a los NEAE. Para mí, muchas de las problemáticas expuestas no son razones para el malestar docente, sino peculiaridades de la profesión, igual que otras profesiones tienen sus peculiaridades, y no por ello tienen que formar parte de su malestar. Todos debemos de tener en cuenta estos factores "negativos".

    En este sentido, la crisis lo que hace es incentivar estos factores "negativos", lo que ocurre también en otros ámbitos. Y ahora bien, si estás seguro/a de que tu profesión ideal es ser maestro/a, ¿realmente son razones para el malestar? No estoy diciendo con esto que no haya que darles ninguna importancia a estas razones, pero ¿en realidad son tan grandes comparados con el bienestar que nos puede proporcionar ser constructores de conocimiento?

  • Yolanda Ocampo Garrido

    Hola Irene! en primer lugar, debo felicitarte y darte las gracias por tu detallado resumen de las clases, la verdad es que ayuda mucho a recordar aspectos importantes para la realización de nuestro portafolios. Y en segundo lugar, decirte que el video que subiste ya lo había visto antes y la verdad es que me gustó mucho, y aunque yo no hice magisterio me ha emocionado porque muchos aspectos de los que se habla en el video se pueden extrapolar a contextos educativos informales y no formales como es el caso de la Educación Social (que es mi titulación de procedencia).

    Un saludo.

  • Ainhoa Díaz Chango

    Hola Irene, muchas gracias por el detalle y claridad con el que describes las sesiones de clase. Creo que, cuando se planteó la actividad, nadie pensaba que podían salir tantos razones relacionadas con el bienestar. Sólo hay que ver el vídeo para darnos cuenta, como dicen mis compañeras, de lo bonito que es educar, enseñar, guiar, ayudar. A pesar de tenerlo visto y requete visto, sigue emocionándome. Muchas gracias.

  • Lucía Rodríguez García

    Noraboa pola entrada Irene! recolles paso a paso o transcurso da sesión, e aínda que xa pasaron dúas semanas, ó ler a túa entrada foi como se estivese aínda vivindo o alí tratado.

    Vendo ese vídeo, que xa coñecía, creo que toda persoa relacionada co mundo do profesorado (entre as que me inclúo) sente unha especie de forza para tirar cara adiante e lograr alcanzar unha das súas metas nesta vida, ser un bo docente e loitar contra todos eses factores que causan o tan sonado malestar.

    Ánimo a todos!!