Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Diario de clase

As dúas sesións de clase da semana pasada centráronse no profesorado, nos recortes e no benestar e malestar docente.

O martes comezou a mestra dando unha serie de pautas e reflexionando sobre o transcorrer do portafolios, logo da súa avaliación. A continuación, intentou darse resposta por parte de toda a clase á pregunta: como afectan os recortes ao profesores? Logo, dividiuse a clase en dous bandos coa finalidade de que ao día seguinte se fixera un debate sobre o benestar/malestar docente: o lado esquerdo apoiaría o benestar docente e o dereito, o malestar. Cada persoa tiña que ter unha razón reflexionada para a seguinte sesión sobre o tema que lle tocara para escribila máis tarde nun post-it.

O día de clase do mércores estivo adicado exclusivamente a realizar o debate. Entre algunhas ideas importantes de cada un dos lados están:

- Malestar docente:

  • Deterioro da educación pública: diminución do profesorado nas aulas, aumento da ratio,...
  • Deterioro das condicións laborais: diminución do salario laboral, aumento do horario,...
  • Desprestixio e desvalorización do papel do profesorado au diminuír a calidade educativa e que xa se produce dende a súa formación inicial.

- Benestar docente:

  • Posto laboral fixo.
  • Período vacacional amplo.
  • Satisfacción que produce o traballo.
  • Horario establecido de antemán.

Todos estes aspectos acabaron por centrarse nos recortes en educación e as súas consecuencias. Por un lado, defendeuse a idea de que esta situación desmotiva tanto ao profesorado como o alumnado. Sen embargo, e por outra banda, tamén se argumentou que os mestres deben ter a capacidade de maximizar os recursos presentes co fin de minimizar as dificultades nas que se atopan.

Outra idea que se debateu tamén foi que a estabilidade que defendía o lado do benestar docente non é tal xa que antes se consideraba o soldo fixo e ao final acabouse baixando e o número de horas de traballo, subiron. Este cambio provocou ademais que diminuíra as horas que o profesorado pode adicar a preparar as clases, realizar cursos complementarios,...

Por último, rematouse a clase coa pregunta de se esta situación favorece a colaboración entre o profesorado co fin de axudarse e debido a que busca un mesmo fin ou aumenta o individualismo presente ao longo de todo o sistema educativo.

Como conclusión e dende a miña opinión e os meus estudos como mestra en educación infantil, considero que ten maior peso e forza o benestar docente fronte ao malestar debido a satisfacción que produce formar as futuras xeracións e a creación de relacións tan positivas cos nenos, os cales che alegran o día coa súa sonrisa e o seu cariño minorizando todos os problemas que existan na profesión docente.

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Alguén, non lembro agora quen, subió un vínculo a un vídeo apoiando o benestar docente nunha maestra de educación Infantil.  Pode servirte de argumento para a tesis que defendes do maior peso do benestar que do malestar en educación infantil, pero que sabemos sobre este tema? Está o malestar e o benestar en función do nivel educativo e a idade do alumnado? Algún estudio?

    Crecer profundizando .

    Saúdos

    Lourdes