Malestar vs Benestar docente. Video en defensa do ensino público galego.

Tras o debate realizado na última sesión de clase recordo un dos factores que saía na defensa do benestar do profesorado: o aumento do cooperativismo ante a falta de recursos. Recoñezo que como ben mencionou o sector encargado de expoñer o malestar docente, non en todos os centros se da este fenómeno, é máis moitas veces os mestres ante a falta de recursos materiais e humanos encérranse en sí mesmos, traballando individualmente, levándose o traballo para á súa casa e cargando sobre el mesmo todos os problemas derivados da súa aula, (diversidade, desmotivación do alumnado, avaliacións, etc), sen buscar axuda no departamento de orientación, no equipo directivo ou en calquera dos seus compañeiros. Aínda sendo consciente de todo isto eu abogo pola outra cara da moeda, a da unión.

Como mostra disto presento un vídeo realizado por parte dos mestres do CPI de Vedra, o centro no que eu realicei os meus estudos dende 3º de primaria ata 4º da ESO. Sorprendeume gratamente atopar este vídeo na rede, posto que mostra unha unión dos mestres ante unha iniciativa crítica, de protesta, de defender os seus dereitos en pro da educación pública e de calidade para o alumnado. Neste vídeo non vemos que reclamen a porcentaxe de salario que lle foi reducido, nin o aumento de horas lectivas, simplemente solicitan a continuidade dunha institución universal e gratuíta, como é a escola pública.

O feito de que este grupo de profesores se organizase para a elaboración deste vídeo implica a comunicación entre eles, o espírito de busca de solucións á actual situación que se está a vivir en educación e moi posiblemente esta comunicación, colaboración e traballo en equipo se transladen os procesos de ensino aprendizaxe cos alumnos.

Deixovos o enlace para poder ver o vídeo do que estou a falar:

Error processing the video

 

De todo esto podemos deducir que de toda situación adversa sempre se pode extraer un fío positivo do que ir tirando para lograr os nosos obxectivos.