Reflexionando....

 Esta primeira semana serviume de guía de partida para adentrarme nesta nova materia. A pesar de que anteriormente, traballamos temáticas relacionadas co "asesoramento", aínda que de xeito non moi central, como se pode observar no meu arquivo subido no que se relaciona este termo coas materias estudadas durante a miña experiencia nos estudos de psicopedagoxía considero que, logo de varias sesións de clase, abordaremos de xeito máis profundo e integrado este amplo concepto. Isto débese a que, tras a terceira sesión de clase, decateime de que o asesoramento non só se centra na educación senón que en múltiples escenarios que ata o momento non foran valorados dende o meu punto de vista. Ademais, pareceume moi interesante o modo de traballo a través do portafolios, pois é unha ferramenta que non domino especialmente e na cal creo que estou adquirindo maiores competencias.