Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

As miñas primeiras impresións

Este blog, o cal vou comezar hoxe, espero que me permita ao finalizar esta materia ver os cambios que fun experimentando durante o seu transcurso e que se reflictan nun maior coñecemento sobre o asesoramento para poder levalo a práctica de maneira efectiva.

O primeiro día de clase tiña a idea de que esta materia sería totalmente teórica e expositiva como é a maioría das que cursamos ata agora; sen embargo, isto non foi así tal e como explicou a mestra durante as dúas primeiras sesións tanto pola súa metodoloxía (a través do portafolios), como o seu sistema de avaliación, proceso de ensinanza-aprendizaxe,... xa que se trata dunha forma totalmente activa e onde se defende a autonomía frente a pasividade do alumnado.

Con respecto a primeira das tarefas encomendadas e que se encontra subida nun arquivo denominado: Relación entre asesoramento e materias estudadas, esta permitiume recordar todos os coñecementos previos que tiña sobre o asesoramento e que tiña gardados como nun "baúl dos recordos" debido a que se traballou en moi poucas materias, o que considero un grave erro xa que é a función principal dun psicopedagogo.