¿¿ " Robots que axudan a dar clase" ??

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/27/paisvasco/1330331495.html

 

Este novidoso xeito de ensinar ao alumnado "a descubrir la programación informática desde un punto de vista lúdico y sencillo" está a ser implantado nas aulas dos centros educativos vascos. creedes positiva esta incorporación da tecnoloxía na educación? pensades que é un bo método de achegar estas "tecnoloxías do futuro" aos alumnos? 

Comentarios

  • Silvia

    Non me deixa de sorprender as novas tecnoloxías que cada vez se implantan nas aulas co único fin de intentar mellorar a aprendizaxe das novas xeracións.

    Eu con respecto a este tema son optimista, creo que si poden facilitar a aprendiaxe dos nenos/as xa non só pola función que realicen, senón porque para os mais cativos todo o novo lle resulta mais interesante e lle prestan mais atención, polo que xa se tería moito ganado.

    Paréceme moi interesante en xeral.

  • Melisa

    eu creo que pode ser positiva pero sempre que o profesorado saiba utilizalas, de nada vale que haxa nunha aula moitos medios tecnolóxicos se logo a maneira de dar a clase do profesor ou da profesora é exactamente igual a hai uns anos cando non había eses recursos.