• Blogs
  • Cristina
  • Información relacionada co Proxecto Abalar e respostas os comentarios dos blogs anteriores

Información relacionada co Proxecto Abalar e respostas os comentarios dos blogs anteriores

En relación os dous blogs anteriores e a alunha das preguntas que estos blogs suscitaron vou a explicarvos acontinuación os requisitos cos que debe contar un centro apra formar aprte do Proxecto Abalar.

En primeiro lugar as aulas que se cablearan para levar a cabo este proxecto serán as de 5º e 6º de primaria e 1º e2º de Eso. Eb segundo lugar no centro débese contar cunha conexión de datos a red internet cunha velocidade nominal mínima de baixada de 2Mpbs. Ademáis cada aula que estea integrada no proxecto deberá contar cunha conexión de datos e electrica adecuada. E por último todas as aulas integradas no proxecto deben contar con circuitos de protección eléctrica debidamente dimensionados, cada circuito non debe dar servizo a máis de dúas aulas.

Esto explica o feito de que alguns alumnos fagan os seus comentarios e queixas polo feito de que en 3º ou 4º de ESO non conten con estas tecnoloxías, xa que estos cursos non forman parte do Proxecto Abalar.

Continuando añadindo información sobre este proxecto explicarei que para facer un seguimento e control del contase con un espazo propio na rede, este é o Espazo Abalar. O Espazo Abalar é unha plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica con dous obxectivos, o primeiro destes obxectivos é acercar a información os cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos proporcionados; o segundo obxectivo é o de desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar. No Espazo Abalar existen espazos concretos adicados as familias, os profesores e para os centros educativos.

Por último e como punto realmente importante, informar de que si existe un programa de formación o profesorado de cara a utilizar o Proxecto Abalar, pero este programa é totalmente voluntario. Polo tanto se non se insiste e se intenta "forzar" dalgunha maneira a que os profesores realicen esta formación o problema da alfabetización dos docentes ante este proxecto non se solucionara.

Fonte:

http://www.edu.xunta.es/web/abalar