Duas caras da carreira docente: satisfacción e desmotivación.

Como estamos a comentar estes días na aula o estado anímico dos mestres é algo que vai influrir considerablemente no proceso de ensino aprendizaxe. O asesor nun centro educativo ha de ser esa persoa que coñeza os seus compañeiros así como os motivos que repercuten na súa satisfacción laboral ou desmotivacións cara o seu traballo, e que saiba actuar con eles de tal forma que isto último teña o minimo impacto posible co alumnado.

O arquivo subido por min e titulado con este mesmo nome presenta algún dos motivos polos cales os mestres poden chagar a estas situación de desmotivación, entre os que se destacan sobre todo aqueles motivos externos. Pola contra a satisfación persoal pa profesión docente está máis cargada de motivos internos á persoa, ó propio traballo e sobre todo á relación cos alumnos.

Ante a división de etapas que fai o artigo considero que me sinto indentificada con moitas persoas na primeira delas. O acceso á titulación de maxisterio  pola miña parte ven dado por unha inquedanza persoal, un desexo de convertir a educación na miña formade vida. Si e certo que dentro da propia titulación vas dando pasos para diante e para atrás continuamente, ás veces ilusionada cos contidos que estás a traballar, ás veces desilusionada ó facer balance de todo o que esperabas traballar na carreira e realmente non ves.

Outro aspecto a destacar da satisfacción docente é a vocación mencionada no texto. Considero que tal e como mencionan González Blasco y González Anleo a vocación é  “el motivo más importante para dedicarse a la enseñanza, junto a otras razones como el humanismo de la profesión o la facilidad y conveniencia de la carrera de profesor”. Tendo en conta estas consideracións a profesión docente teno todo para proporcionar satisfacción a quen a profesa, máis no texto destácanse outros dous motivos que non deben pasar desapercibidos para ningún traballador, tal como son o salario e o tempo de vacacións que poden desfrutar os mestres. Con relación ó salario o artigo menciona que é superior á media europea, máis ainda así os interesados non o consideran unha fonte de motivación e satisfacción, senon que en moitas ocasións están descontentos coa dotación que reciben.

En relación cos períodos vacacionais, observando a táboa comparativa co resto de países europeos, podemos observar que aproximadamente son tempos similares ós que desfrutan os docentes do resto de Europa.

Da análise deste texto podo concluir que temos moitas cousas ó noso favor para sentirnos realizados como docentes, máis como seres humanos temos moita tendencia a desmerecer todo aquilo do que gozamos, e a añorar aquilo que non temos. O feito de que os tempos actuáis sexan de recortes en moitas facetas da nosa sociedade fan que mirando ó noso redor non vexamos o mundo ideal esperado, máis debemos ser conscientes de todo aquilo que temos e loitar por que non nos influa na nosa labor como educadores, facendo todos os esforzos posibles para suplir aquilo que se nos está sendo arrebatado.