M-learning

Atopei información sobre esta nova metodoloxía e pensei que vos podería interesar saber o que é exactamente.

Denomínase aprendizaxe electrónica móbil, en inglés, m-learning, a unha metodoloxía de ensino e aprendizaxe valéndose do uso de dispositivos móbiles, tales como teléfonos móbiles, axendas electrónicas, tablets, i-pods e todo dispositivo de man que teña algunha forma de conectividade inalámbrica.

Dun tempo para acó, veñen incorporando ás nosas vidas, cada vez con máis forza, as tecnoloxías móbiles, e por tanto, está a xurdir o que denominamos mobile learning ou m-learning e que consiste en usar estes aparellos electrónicos para aprender.

O m-learning pódese usar en e-learning, entendéndose como un programa de aprendizaxe mixta, como un suplemento dun curso de e-learning ou como un módulo de aprendizaxe independente. O seu uso depende dos obxectivos da súa organización e os recursos tecnolóxicos que posúa. É un compoñente de capacitación; facer que o alumno postee preguntas, teña ao seu alcance vídeos, participe nun xogo relacionado cos seus obxectivos e metas de capacitación, etc.

Na actualidade o estado do m-learning caracterízase por:

-          Estar enfocado principalmente á aprendizaxe individual e informal.

-          Os proxectos son moi específicos.

-          Dificultade de crear actividades destinadas para  móbiles.

Unha actividade de m-learning é unha serie de tarefas a realizar por parte dos involucrados no proceso de aprendizaxe, coa finalidade de alcanzar un obxecto e/ou desenvolver unha habilidade. Por isto, estas tarefas conteñen un deseño institucional e pedagóxico, un software  móbil e un guión didáctico.

Así mesmo pódense citar  certas desvantaxes como:

-          Problemas durante o uso, a causa das súas pantallas pequenas.

-          Navegación limitada.

-          Altos custos de accedo á rede.

-          Individualización.

A continuación queda un enlace cun exemplo do uso do m-learning 

!