Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

CONFLICTIVIDADE ENTRE BENESTAR E MALESTAR DOCENTE.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ás ultimas entradas ao blogue sobre o malestar e o benestar docente, recollo neste documento o exposto na aula sobre este tema.

A propia conflictividade do construto benestar-malestar recae, sobre todo, en catro premisas:

-          Satisfacción e insatisfacción.

-          Burnout e estrés.

-          Lucus de control:

Interno: culpabilizarse a un mesmo

Externo: culpabilizar a outro ou ás circunstancias.

-          Residience.

 

As reaccións do profesorado para afrontar os problemas  e os cambios no sistema educativo poden ser:

-          Ver os cambios na educación como algo ineludible e polo tanto ter un pensamento positivo ante eles.

-          Desenvolver actitudes de inhivición, é dicir, oponse a calquera cambio.

-          La adopción de sentimentos contraditorios con actitudes ambiguas. Como por exemplo “Quero cambiar algo, pero non sei como facelo”.

-          Vivencia da docencia con sentimento permanente de ansiedade e culpabilización. Como por exemplo “gustaríame facer outras cousas, pero non sei como facelas”.

Persoalmente, creo que todo aquel profesional da educación debe de encontrar dentro de si mesto a motivación intrínseca que lle fixo elixir esa profesión, para así poder facer fronte ás crises de recompensas extrínsecas e seguir realizando unha boa función docente, xa que os alumnos non son culpables de ningún cambio que se está a producir nas recompensas extrínsecas (diminución de salario, aumento de horas de traballo, etc) e non debemos de esquecer que estamos ensinando e educando ás sociedades futuras, polo tanto, canta mellor sexa a educación que reciban, tanto mellor será o desempeño laboral que vaian levar a cabo no futuro.