"Coge mi mano, yo te guio"

Nesta entrada remóntome aló polo 15 e 28 de febreiro. Na sesión anterior a profesora propuxera unha actividade sobre o asesoramento, definición, ámbitos e destinatarios. Nesta sesión e na seguinte, do 28 de febreiro, compartimos as nosas sreflexións ao respecto e reflexionamos sobre a cuarta pregunta, que deixaramos en branco para resolver en gran grupo. 

Na sesión do 28 de febreiro decidimos tamén cales serían as datas para a presentación dos cartafois, que serán revisados en duas datas. A primeria revisión será o dia 29 de marzo. O martes 22 de maio será a revisión final. Se alguén non se atopa en condicións de rematar pode decidir presentalo o 28 de xuño.

Comentase tamén o uso do blog, a profesora recomendanos que pensemos ben como empregar as TICs que se puxeron ao noso dispor. Ademais debemos lembrarnos de que hai que utilizar as referencias.

Unha vez aclarados estos puntos comezamos as aportacións sobre o concepto de asesor, para o cal partimos das definicións de asesoramento que elaboraramos en pequeno grupo.

A profesora expón que hai moitos tipos diferentes de asesor, e obviamente non todos son necesariamente bos. Como exemplo, pódese ter en conta que un persoeiro de certa importancia e poder como é Urdangarín, ten que ter asesores de algún tipo, e obviamente non lle asesoraron demasiado ben.

A cuestión que a min se me plantexa neste punto é a ambigüedade da función asesora, dado que, ¿quén decide qué é bo? O bo universal sería que lle aconsellasen a ese home non estafar, pero se so temos en conta a función asesora, o asesor debe buscar o ben do seu asesorado, que neste caso debería tería sido facer algo que impedise que o "pillasen". 

Sen ter en conta estos aspectos moraris, en todos os ámbitos onde se produce o asesoramento pode haber denominadores comúns. Xurde neste punto un debate sobre a persuasión e se é ou non unha das actividades do asesoramento. Hai argumentos en ámbolos dous sentidos, e a conclusión que eu extraio do debate é que dependendo do tipo de asesoramento que se ofreza, a persuasión pode ser unha das actividades, a única actividade ou non ser unha actividade en absoluto do asesoramento.

Volvemos ao tema inical, cunha das definicións elaboradas polos pequenos grupos sobre o asesoramento.

Unha definición que se aporta, pola compañeira Noelia é: “Proceso de axuda onde un especialista nun determinado tema ofrece información e aconsella ao cliente(…)” 

Obligatoriamente, a raíz desta intervención xurde a dúbida... É necesario que o asesor sexa profesional? Reflexionamos sobre o tema, hai argumento a favor de que non é preciso, dado que os consellos que dan os pais sobre a vida tamén son unha forma de asesoramento, pero os pais non teñen porqué ser "profesionais da vida".

Eu non estou de acordo con esta idea, dado que considero que o asesoramento debe ter un respaldo ata certo punto científico. Consideroo asesoramento cando podes xustificar con datos as tuas opinions, senon quédanse en meros consellos. Por suposto, o apoio que ofrecen os pais ao longo da vida é imprescindible para o correcto desenvolvemento das persoas, pero iso non quere dicir que sexan asesores.

Unha vez chegamos á conclusión de que a propia idea do que é un asesor é ambigüa, a profesora plantexanos unha nova dúbida: ¿Qué cousa é o asesoramento?

O asesoramento é participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicación, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar capacidades, equipo, axudar, desenvolver, mellorar, actuar, reslver problemas, guiar, axudar a tomar decisión, identificar puntos fortes e débiles, seguimento, procesos, actuar con honestidade, acompañar...

Xunto con todos estos verbos, que forman parte do grande concepto do asesoramento, ofrécenos tamén varias definicións de diferentes fontes sobre o asesoramento:

“La función del asesoramiento puede definirse cmo una operación de diagnóstico, identificación de falencias(carencias) en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción”(Fernandez 1995)

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos, un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona un grupo o una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemar y  realizar esfuerzos de cambio “(Lippit y Lippit, 1986)

“Orientar, facilitar, ayudar, mediar, apoyar, colaborar, guiar… ASESORAR… son verbos intransitivos. Las acciones que describen no tienen un objetivo directo. EN este caso se trata de actividades educativas, prácticas dirigidas a algien (profesores, madres o padres, educadores, monitores, etc.) alguien qu a su vez debepromover actividades de eseñanza y aprendizaje en otro. (…) Oarece haber un consenso en que la actividad del asesoramiento educativo para ser tal debe nacer de una actitud de colaboración. (Monereo y Pozo, 2005)

“El asesoramiento es un servicio indirecto, que tiene lugar entre profesionales de estatus similar (simetría-asimetría)

Suele ser iniciado por el asesorado, quein tiene total libertad para aceptar o rechazar los servicios en cualquier momento. Involucra al asesor/a en una relación confidencia y colaborativaque se configura por las siguientes metas para el asesor/A

-Ofrecer un punto de vista informado

-Ayudar a mejorar destrezas de resolución de problemas

-Ayudar a incrementar la libertadde elección de acción del  asesorado.

-Apoyar al asesorado en las elecciones hechas

-Incrementar la capacidad del asesorado, acerca de los recursos válidos para tratar con los problemas persistentes.”

(Aubrey, 1990, adaptado)

Dende este punto a profesora fainos reflexionar sobre as nosas ideas previas, sobre quen pode ser asesor. Podemos entender o Asesoramento en dous sentidos, 

-Amplio: neste sentido, calquera persoa que coñece algo e en función dese coñecemento, presta un apoio determinado (informar, dar un consello..)

-Restrinxido: sendo un profesional específicamente formado para apoiar.

Concluímos conha listaxe das similitudes entre definicións, na que destacan:

"-Es un servicio indirecto que recae sobre el profesional que trata con las personas y no directamente sobre estas.

-Es una interacción o cumunicación bidireccional destinada a la ayuda.

-No limita la capacidad de elección y decisión del asesorado.

-Se produce entre profesionales del mismo sector.

-Los participantes pueden ser individuos, grupos o instituciones.

-Se tratan asuntos y problemas “prácticos”

-Se trabaja sobre la base de acuerdos negociados" (Lourdes Montero, 2012)

A clase conclúe cun tema proposto pola compañeira Yesshenia. ¿Qué significa o poder no ámbito do asesoramiento?

Persoalmente considero que sí existe un grande poder na capacidade de asesorar, aconsellar, orientar... pero un grande poder tamén conleva unha grande responsabilidade, e por iso á hora de formarnos como asesores (e de paso tamén como mestres) deberíamos aprender a ser responsables dese poder, do que implica cometer un erro á hora de aconsellar a algúen que valora a túa opinión como opinión experta que é. 

Finalmente, gustariame anexar algo que non ten demasiada relación co asesoramento tal e como eu o entendo (opinión experta) pero partindo da base de que hai diferentes niveis de asesoramento, sí o podemos relacionar. Non é algo demasiado ortodoxo, e non sei ata qué punto é axeitado utilizalo neste contexto. Pero se algo boto de menos nesta rede social é a MÚSICA. De xeito que vos deixo con esta canción, que a min me fai reflexionar sobre o papel dos pais como asesores.

Moitas gracias!