Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

PROFESORES QUE APRENDEN.

Lucía Reges Fernández.

Ante o cambio na sociedade, debido á incorporación das novas tecnoloxías a todos os ámbitos da nosa vida, é necesario un cambio na metodoloxía utilizada polos mestres e o emprego de TIC na educación. Xa que o alumnado esta perdendo a motivación debido, en gran parte, ao uso de unha metodoloxía tradicional por parte dos docentes que causa desinterés. Ademais, é necesario que os contidos e as actividades realizadas na aula sexan aplicables e respondan a preguntas da vida cotiá dos alumnos, para que así lles vexan utilidade e non crean que os coñecementos que se ensinan na escola non serven de nada.

Pola necesidade de este cambio, a formación do profesorado ante estas esixencias require un cambio radical dos modos tradicionais. Son necesarios para este cambio profesionais expertos en coñecementos específicos de cada campo do saber do que ensinan e tamén profesionais comprometidos.

Para min, este problema radica na falta de vocación dos docentes pero tamén, e moi importante, é na formación que reciben os docentes na universidade. Xa que a universidade e a facultade de Ciencias da Educación, en concreto, teñen unhas carencias de formación que se atopan lonxe do que sería o axeitado. Isto, pode ser debido ás reformas continuas nos plans de estudos. A universidade sigue contando con unha metodoloxía tradicional, con moita clase maxistral e pouca práctica. Contamos con moitas asignaturas cuatrimestrales, tempo que non é o suficiente para adquirir os coñecementos necesarios de cada asignatura, ademais de realizarse unha avaliación baseada en un exame e repetición mecánica do estudado. Isto, a medida que pasan os anos vai cambiando e xa son moitos os mestres que cambiaron a súa metodoloxía para algo máis práctico, no que os docentes son meros guías da aprendizaxe dos alumnos.

En concreto, considero que o fallo na formación de maestros é a separación da teoría e a práctica, en maxisterio non se adquire a competencia de vincular o estudiado teóricamente con situación reais que se producen nas aulas, xa que para ser capaz de iso, é necesario prácticas, vivencias, experiencias, reflexións, etc.