Brecha dixital

Deixovos o enlace de un vídeo que dá moito que pensar sobre o concepto de " brecha dixital " . A veces vemos certos conceptos como propios de outro tipo de países e sociedades, cando están mais cerca do que podemos pensar, ao noso redor.

España é un país desenvolvido, donde a maioría de nós temos acceso ás TICS de xeito inmediato, pero....todos contamos con ese dereito? Qué pasa cos inmigrantes? que pasa cos nosos maiores?

Espero as vosas impresións sobre él. A min pareceume bastante triste en xeral, porque a pesar de que ten un principio un tanto surrealista, é moi real e moi directo o seu contido.

Comentarios

  • Iria Rodríguez Iglesias

    Non puiden ver o vídeo, non sei se pola miña conexión ou polo enlace (probablemente sexa o primeiro) pero xusto esta semana estiven meditando sobre a brecha dixital xa que o xoves descubrin o que eran os códigos QR (a nosa compañeira Ariana fixo unha entrada ao blog sobre eles) e costoume moito comprender o que era a realidade aumentada e como se lograba, enton púxenme no lugar dos nosos pais e avós que moitos descoñecen todos os conceptos previos para poder chegar a entender outros sistemas máis complexos e sentinme moi pérdida e sen atopar unha boa solución a este problema, xa que moitas persoas son conscientes de esa brecha e xa tiran a toalla desde o principio.

  • Silvia

    Eu tamén teño o mismo sentimento ca ti Iria, é realmente difícil poñerse no lugar de outros e da situación que poden vivir.

    O vídeo aconsélloche que o vexas cando poidas, revisei o enlace e a min deixame acceder a él. É un gran reflexo da realidade.