María Martinez Alvarez

O éxito non se logra so con cualidades especiais. É sobre todo un traballo de constancia, de método e de organización.(J.P. Sergent )

VÍDEOS SOBRE A SITUACIÓN DA ESCOLA PÚBLICA EN OUTROS PAÍSES EUROPEOS: FRANCIA E FINLANDIA

O primeiro dos videos que presento fala dos recortes que se teñen sufrido na educación pública en Francia nos últimos anos e que lles leva ao cerre de aulas cun maior número de alumnos/as nas que permanecen abertas, sen recursos persoais e materiais para atender ao alumnado con necesidades dentro das aulas ordinarias, persoal de sustitucións non cualificado para dar clase... Este é o enlace:

No segundo vídeo fálase de como é o sistema educativo finlandés, como se traballa o bilingüismo nas aulas, a importancia que se lle da á práctica para o aprendizaxe, a importante labor de colaboración entre o profesorado, o seu periodo de formación e o prestixio social do que gozan... razóns que parecen ser, xunto coa súa boa formación, o investimento económico  que se realiza en educación... as causas de que se atopen entre un dos mellores sistemas educativos do mundo e no que se pode percibir unha situación de benestar entre os docentes moito maior que noutros países.