María Martinez Alvarez

O éxito non se logra so con cualidades especiais. É sobre todo un traballo de constancia, de método e de organización.(J.P. Sergent )

VÍDEOS SOBRE A SITUACIÓN DA ESCOLA PÚBLICA EN OUTROS PAÍSES EUROPEOS: FRANCIA E FINLANDIA

O primeiro dos vídeos que presento denuncia a situación que se está a vivir en Francia nos últimos anos  debido  aos recortes educativos que dan lugar a peches de aulas co consecuente aumento de alumnado en outras, alumnado con necesidades escolarizado en aulas ordinarias e que non conta coa atención necesaria por falta de recursos persoais e materiais adecuados, persoal sustituto sin unha adecuada formación educativa...



O segundo vídeo fala de como é o sistema educativos finlandés, considerado como un dos mellores do mundo e no que o profesorado conta cunha boa formación, tanto teótica como práctica e goza de prestixio social e os alumnos/as aprenden en colexios públicos, con importantes programas de bilingüismo, nos que as actividades prácticas teñen unha grande importancia...