Aproximación á Tecnoloxía Educativa

Moitos de nos demos a benvida o segundo cuatrimestre con esta nova materia: “Tecnoloxía Educativa”. Persoalmente a idea que nun principio tiña sobre ela viuse truncada a medida de que avanzaba a clase.

Na primeira sesión e por medio das aportacións e ideas dos nosos compañeiros sobre o concepto de “tecnoloxía educativa” fomos capaces de reflexionar sobre esta materia adquirindo deste xeito, unha visión xeral dos contidos que vamos a tratar en dita asignatura de estudo pero tamén sobre a necesidade dunha integración efectiva das novas tecnoloxías.

Tamén reflexionamos acerca das vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías xa que se crean co obxectivo de mellorar, motivar e facernos a vida máis doada pero poden chegar a converterse en verdadeiros problemas (illamento, mal uso, desinformación,...).

Facendo referencia ó ámbito educativo considero que as novas tecnoloxías (como por exemplo as TICS) poden ser un recurso moi útil e de apoio a aprendizaxe sempre que sexan aplicadas adecuadamente co obxectivo de lograr unha educación máis efectiva.

Polo tanto, pódese considerar a tecnoloxía educativa como un conxunto de ferramentas que facilitan o acceso á educación ós alumnos nun contexto no que está presente o continuo desenvolvemento tecnolóxico da informática e das telecomunicacións.