Squeak

.Tanto na clase interactiva da semana pasada, como na expositiva de ésta semana estivemos falando do " Squeak". O que pretende esta aplicación é ser un meta-medio que permita a convivencia de todos os medios de expresión coñecidos ata o día de hoxe, e que á súa vez, sirva como soporte para o desenvolvemento de outros medios. Esta característica, sumada á capacidade de simulación , posicionan o Squeak como unha ferramenta moi poderosa que permite unha verdadeira revolución no manexo da información ( Wikipedia, 2011).

O que ofrece esta aplicación é un entorno de traballo moi flexible no que o profesor poida non só presentar os contidos da súa materia, senón tamén diseñar e desenvolver actividades e exercicios prácticos de tipoloxía variada, simulacións, xogos de asociación, e por suposto, actividades de avaliación. (http://eats.wordpress.com/2007/03/26/squeak-un-entorno-muy-flexible-para-el-aprendizaje/ ).

Reconozo que coa presentación do programa, e coa primeira impresión na clase interactiva, parecíame unha aplicación de excasa importancia, e non moi viable, posto que ata para nós tiña certas dificultades. Sin embargo, ao informarme e facer actividades con él, son consciente do gran avance educativo que supón esta aplicación, posto que dunha maneira moderna, dinámica e entretida os nenos/as aprenden o mesmo (  e incluso mais ) que con outras actividades realizadas na escola. Se para nós é divertido debuxar un coche e calcular o ángulo preciso para que o coche debuxo un cadrado, para os rapaces é algo moito mais motivador e divertido.