Pizarras dixitais.

Na clase expositiva de ésta semana, tivemos a posibilidade de aprender como se utiliza unha pizarra dixital, e ver dous tipos de éstas : unha que vai conectada a un proxector e a un ordenador, e outra que é portatil, moito mais barata, pero tamén con menos posibilidades que a primeira.

É curioso ver, como xa falabamos na entrada de onte, que xogando apréndese, e incluso mais que facendo tareas que nos poidan aburrir e cansar.

.As pizarras dixitais son recursos flexibles e adaptables que permitirán aos docentes levar a cabo diferentes estratexias educativas, innovar e desenvolverse profesionalmente, aforrar tempo en tarefas que non dan resultados, etc... Deste xeito, os alumnos están moito mais motivados e implicados na súa aprendizaxe, dun xeito moito mais interactivo e dinámico. ( http://lapizarradigital.es/ )

Posto que cando probamos a pizarra non puiden grabar un vídeo de como xogábamos nela con mais ilusión que calquera neno/a, deixovos un enlace dun vídeo duns 7 minutos donde se ve como unha profesora utiliza éste recurso para desenvolver habilidades e aprendizaxes nos seus alumnos.