Rodrigo

Non é posible describir de xeito breve a alguén tan magnánime coma min

aula tecnolóxica

En países como EEUU e Polonia queren cambiar os libros de texto de toda a vida polos dixitais, mentres que nesta proto-España (cara ahí parece que imos), se cancelan prácticamente proxectos como aula 2.0. Costa creer que nuns países teña prioridade o uso tecnolóxico na aula e noutros (como o noso) se vexa como unha forma de gasto inútil.... 

Comentarios

  • Eva Barbazán

    Quizais o que ocorre en España teña que ver co mal uso que se fan destas Rodrigo. De que vale ter unha pizzara electrónica nun instituto se ningún profesor a sabe usar? Máis investimento en formación e recursos é polo que tería que apostar España.

  • Rodrigo

    estou dacordo en parte contigo eva, pero que algo non funcione de todo ben non é motivo para eliminalo por completo. Cando un equipo deportivo vai mal non despiden á plantilla enteira, senón o entrenador, cando ó mellor os culpables son os directivos. Esa metáfora retrata ben o que está a ocorrer: alumnos con potencialidade mal dirixidos por profesores carentes, xestionados por políticos inútiles.

  • Iria Rodríguez Iglesias

    Non podería estar máis de acordo con ambos, aínda que persoalmente tampouco penso que a solución sexa cambiar todos os libros de texto polos dixitais, cada cousa está para o que está e deberíamos coñecer as potencialidades que teñen.

    Por outra banda, que nos podemos esperar dun país no que o ministro de educación di que agora o importante son os cartos, logo xa se solucionara o fracaso escolar? Polo que é máis barato que cada familia pague cada libro de texto a 30 euros que non unha tablet ou un ordenador, xa non decir que o ministerio invirta nunha pizarra Smart, que polo menos no meu instituto non había (tampouco había todas as portas que debería nin moita calefacción).

    O final o uso das novas tecnoloxías conseguirase cando cambien os docentes e entren os nados na era das TIC ou cando teñamos envexa do resto dos países e as implantemos aínda non sabendo moi ben como funcionan.

  • Irene Álvarez

    Estou totalmente de acordo con vós e engado que hai que cambiar moitas cousas da base para poder dar un paso a diante.

  • Eva Barbazán

    o problema de España é un " quiero y no puedo". Quizais unha reorganización dos pilares da educación axudarían a solucionar esta problemática.